Dende o pasado mes de febreiro constituíuse o primeiro Clube de Marcha Nóridca en A Coruña, baixo o abrigo da “Federación Española de deportes de Montaña y Escalada” (FEDME) e da “Federación Galega de Montañismo” (FGM)
A Marcha Nóridca chega a Coruña a finais do ano 2012 grazas a Regina Basadre, alumna e amiga de Cecilia Garcia Carrara. A partires de este intre, Cecilia profesional da actividadae física e o deporte comeza a dinamizar a actividade pola cidade.
En Marzo de 2017, gracias ao apoio do “Consorcio de Turismo”, o Concello da Coruña e a FGM, a cidade acolle a primeria proba puntuable de ranking FEDME de marcha nórdica, e dende aquí, esta actividade comeza a popularizarse pola cidade.
A día de hoxe, somos ao redor de 80 persoas practicando esta modalidade deportiva pola Coruña e contorna, tendo así a necesidade de dar un paso máis e crear un clube no cal se poida dar amparo federativo a tod@s participantes deste deporte.
Dende este momento o clube xa tramita licenzas federativas a todas as persoas que estén practicando esta modalidade deportiva.
Dende este clube se traballará coordinadamente coa Federación Galega de Montañismo para dinamizar este deporte.
O contacto co clube por se hai alguén interesado:
Club Marcha Nórdica en A Coruña
Presidenta: Araceli Zubiaurre Rodriguez
clubmarchanordicacoruna@gmail.com