O pasado 11 de febreiro catro dos nosos corredores e corredoras desprazáronse ata Marbella para dar comezo á súa tempada 2023, os cales foron elixidos para representar Galicia na Copa de España de Carreiras por Montaña.

Comezar a tempada con unha maratón nunca é doado, xa que non sabes como van a responder as pernas, e ademais se non esperas unha carreira moi técnica, como era o caso desta carreira polos Montes de “Sierra Blanca”. Unha carreira de 42 km con case 3000+ nos primeiro 30km, e despois quedaría unha longa baixada de 11km con aproximadamente 1200m de desnivel negativo, moi empedrada e difícil de correr.

Os catro corredores que nos representaron, Miguel Vazquez e Marcos Naya do Club “Traileros Toxos e Birras”, Verónica Bugliot do Club “Os Corzos de Ortegal” e Silvia Casal do Club “GMTA&Chuvoners”, cando terminaron a carreira o primeiro que dixeron foi “unha das carreiras mais duras que fixen, non só polos quilómetros, senón polo terreo tan técnico”.

Comecemos por ELES,

Tanto Miguel Vázquez como Marcos Naya levaban a carreira moi planificada, sabendo que tempos deberían levar en cada km,  marcando un ritmo constante. Pero como sabemos non sempre sae todo como queremos, e no quilómetro 27-28 aproximadamente as cambras apareceron nas pernas de ambos corredores, os cales decidiron baixar un pouco o ritmo para mitigalas e poder volver a marcarse os tempo que levaban planificados, dito e feito, conseguiron volver a recuperar as perna e  entrar en meta con mellores tempos dos planificados.

Marcos Naya entrou de 8ª na Copa de España con un tempo de 5:02:59

Miguel Vázquez entrou 12º na Copa de España con un tempo de 5:07:10

ELAS,

Silvia Casal, chegaba a carreira pouco convencida, xa que dúas semanas atrás sufrira unha pequena rotura de fibras, a cal aínda lle producía algo de dor. A pesar disto, non quería abandonar o grupo e faría todo o que estivese nas súas mans para chegar a meta. Saíu prudente, pero xa no quilómetro 6, despois de tanto sube e baixa xa comezaba a ter dor, pasando pola súa cabeza abandonar. Grazas a  que levaba a Vero Bugliot ó seu carón, esta fíxolle recapacitar e díxolle que o pensase ata o avituallamento 13, onde estaría o equipo técnico da FGM para darlle axuda. Alí, xa Silvia mais concentrada, decidiu seguir ata o quilómetro 21, onde volveriamos a estar para darlle de novo axuda ós corredores. Unha vez chegou o quilómetro 21, onde xa era unha subida con mais pendente e de camiñar, e visto que alí aínda non chegaramos para darlle soporte ós corredores (sendo imposible chegar), decidiu seguir, pensando que estariamos un pouco máis arriba, seguiu sen auga ata o seguinte avituallamento. Xa no quilómetro 29, onde realmente puido chegar o equipo técnico da FGM, Silvia viña mais que convencida a terminar a carreira, despois de pelexarse mentalmente durante longos quilómetros.

Verónica Bugliot, ela e o seu ritmo constante, sen apagar o seu motor en ningún momento, nerviosa dende horas antes, concentrada, calada, pero disposta a dalo todo e mais. Sabía que o traballo estaba feito, os adéstroos cumpridos, e disposta a pasar seis horas no monte. Vero foi de menos a mais, pero entre o quilómetro 23 e 29 foi perdendo folgos, tendo que baixar un pouco o ritmo para, despois de comer e beber un pouco, volver a recuperarse e poder entrar de novo en carreira, xa que lle quedaban 10 km duros de baixada. Como sempre logrando chegar a meta e facendo unha gran carreira.

Silvia Casal entrou en meta 7ª cun tempo de 5:50:21

Verónica Bugliot entrou en meta 8ª cun tempo de 6:09:36

Por parte da FGM queremos agradecer a gran labor destes catro corredores, pola dispoñibilidade e por facer todo o que estivo nas súas pernas para lograr o mellor resultado posible a pesar das adversidades que puideron xurdir na carreira.

Agora toca poñer a mente na seguinte e volver a loitar para entrar en menta con tan bos resultados.

Grazas e a pola seguinte!!!


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade