Desexamos informarvos da III Proba da Copa Xunta de Galicia de Marcha Nórdica da Federación Galega de Montañismo e Open de Marcha Nórdica O Pereiro de Aguiar, que terá lugar o 11 de xuño de 2023.
- LUGAR: Monte da Chaira. Pereiro de Aguiar
- DATA: 11/06/2023
- INSCRICIÓNS: ata o 8/6/23 ás 14 horas. Faranse por medio do seguinte FORMULARIO (CLICKA AQUÍ)
- ORGANIZA: Vogalía de Marcha Nórdica Asesou
- COLABORAN: Concello de Pereiro de Aguiar e da Federación Galega de Montañismo
LÍMITE DE PARTICIPANTES: 150 PERSOAS: A organización reservarase o dereito de cambiar o número de participantes se fose necesario. Se se dá o caso respectarase a orde de inscrición.
LUGAR DE SAÍDA E CHEGADA: Pavillón de Pereiro de Aguiar 42.339278, – 7.787174
MÉTODO DE PAGO: Todas as persoas participantes teñen que pagar primeiro o open/copa para logo poder achegar o comprobante de pago no formulario antedito de inscrición.
Número de conta: IBAN: ES62 2100 2182 0702 0044 2368
Beneficiario: Escola marcha nórdica ASESOU
Concepto: Inscrición Copa Nome completo: 15€ federados, ou
Concepto: Inscrición Open nome completo: 12€ federados ou 17€ non federados
A TER EN CONTA:
- Facer a inscrición implica que todas as persoas participantes asumen os riscos da práctica de marcha nórdica nunha proba deportiva.
- A organización, fará un seguro de día da Federación Galega de Montañismo para os/as deportistas que non posúan a licenza federativa e ten un seguro de responsabilidade civil, co cal estárá exenta de indemnizar polos danos que poidan sufrir os/as participantes no desenvolvemento do open como de calqueira prexuízo da saúde derivado polo esforzo físico que se poida facer durante a proba. Achegar no formulario licencia federativa.
- Os participantes autorizan aos servizos médicos a facer todo o necesario para manter a saúde, evitar lesións ou agravamento por algunha que se poida producir ou polo esforzo físico.
- A organización non é responsable da desaparición de obxectos persoais, así como deterioración dos mesmos u o seu posible roubo ou extravío.
DESENVOLVEMENTO DO OPEN E COPA
Desenvolverase un open e unha copa de marcha nórdica nun circuíto polo roteiro polo Monte da Chaira, ao cal se dan varias voltas. Para o open (dúas voltas) son case 8 quilómetros e para a copa (catro voltas) case 13 km, transcorre.
- A saída e a chegada ao Pavillón de Pereiro de Aguiar.
Láura Lado
O sábado 20 de maio, celebrouse a VIII Andaina Terras de Altamira con récord de participantes, organizada pola Asociación O Esquio no Piñeiro e o concello de Brión.
Na Carballeira de Santa Minia, ás 09:00 horas, o actor e humorista Federico Pérez realizaba a conta atrás para dar saída aos 637 inscritos nas tres distancias de 16kms, 36 kms e 50 kms.
As tres modalidades están incluídas na liga Ibérica de Sendeirismo e na Liga Xunta Galicia de Sendeirismo
Nesta ocasión a andaina de 50 kms bordeaba as Torres de Altamira, pero contaba no quilómetro 19 coas espectaculares vistas do alto de Santa Cecía no monte Rubial, desde o cal se pode ver a ría de Arousa. No quilómetro 33 poidemos gozar do Castro Lupario que é un xacemento declarado Ben de Interese Cultural en Decembro 2009.
Unha vez cruzado o arco de meta entregábanse os diplomas de finalista e unha medalla para cada distancia. Asi mesmo, comida e bebida para todos.
Un gran traballo realizado polos membros da Asociación O Esquio no Piñerio, por autoridades do concello de Brión e por todos os voluntarios e voluntarias
Vémonos na 9ª Andaina Terras de Altamira
Excelentes os resultados acadados polos escaladores e escaladoras dos clubs galegos na segunda xornada da Copa de España de Bloque e Velocidade (Cuenca, 20 e 21 de maio), organizada pola FEDME, indicados na imaxe do cadro.
Nada menos que quince finalistas na velocidade (oito mulleres e sete homes). Entre eles, conseguiron tres ouros (Iván, Xian e Nora) e dúas pratas (Hadrián e Javier León). Lembramos que onte tamén obtivo a posición de finalista (7ª) Natalia Vale en bloque. Hoxe tamén se disputou a proba pendente de bloque para a categoría absoluta, cun representante do Club Pena Trevinca – Montañeiros de Galicia, Santiago Franco (18º) e outro do Club Aromón Pontevedra Montañeiros a Roelo, Xavier Carballo (25º).
Con estes resultados, poco a pouco vaise afianzando en Galicia estas disciplinas olímpicas e que permiten albiscar un expléndido futuro destas especialidades, sempre que as administracións públicas con competencias en materia deportiva poñan en valor aos deportes de montaña.
As felicitacións da FGM a todos os deportistas, aos seus adestradores e aos seus clubs polo eficaz traballo que veñen realizando, pero tamén ás familias polo esforzo que fan.
O sábado 29 Abril de 2023 celebrouse en Paüls o Campionato de España de Carreiras por Montaña Ultra Individual e por Seleccións Autonómicas.
A proba dou comezo as 6 da mañá, estando en liña de saída catro dos nosos representantes, que deberían recorrer un total de 75 km con un desnivel positivo de 5300m. O circuíto era circular sendo tanto a saída e chegada en Paüls, transcorrendo polo magnífico Parque Natural dels Ports, sendo a gran maioría do terreo sendeiros.
Na carreira representábannos catro corredores:
- Lupe Rubio, gran coñecida no mundo das ultras, coñecida por todos, xa que nos representou o ano pasado no Campionato Ultra facendo un gran papel. Pero este ano BRILOU na carreira, estivo espectacular, entrando nunha onceava posición!!
- Silvia Casal, outras das nosas corredoras mais coñecidas en Galicia. Corredora que está disposta a probar novos retos e distancias. Gañadora do Campionato Galego en liña no 2022.
- Martín Fontán, outro dos dispostos a novos retos. Tiña claro que este ano se centraría en longa distancia, e sabendo o bo nivel que estaba demostrando nos últimos meses e despois de ser 3º da Copa Galega do 2022 non dubidamos que faría un bo papel. Tivo que abandonar, pero sabemos que loitou ao máximo para seguir en carreira e intentar rematar.
- José Vicente Santiago, foi o corredor con menos tempo en pensalo, xa que non contaba con ir, foi un aviso de última hora e non dubidou nin un segundo en dicir que non. Sabiamos que estaba forte, pero demostrouno aínda mais en carreira. A pesar de non preparala, de ser avisado con unha semana de antelación, dos problemas xurdidos.. foi capaz de sacar un carreirón adiante. Parabéns!

Vogalía de Carreiras por Montaña
A 3ª proba da Copa Galega de CxM, levounos este domingo, a terras ourensáns. O Club CASTRO TRAL organizou a súa 7ª edición sobre un percorrido moi sube-baixa, percorrendo fragas e sendeiros, una distancia de 24km e 1.400m positivos. A loita en cabeza estivo en todo momento nas pernas de catro corredores, nos que se levou o triunfo o corredor local Adrián Rodríguez do RUNNING SPORT TRAIL, case con 1 minuto sobre o segundo clasificado. Nas mulleres, a de Arteixo, Alba Rey, non lles dou ningunha opción as súas rivais, colocándose en meta por debaixo das 3 horas.
Os participantes destacaron o fermoso trazado que a xente de Castro Trail preparou para esta edición, así como o postcarreira, no que non faltou de nada, ata xeado como postre.
Por outra banda, na distancia curta (12km), os xuvenís e júnior disputaron a súa proba da Copa. Aquí temos que destacar a vitoria de Eloy Martínez, campión da xeral, e tamén a Julia Salvado, 1ª feminina en liña de meta.
CLASIFICACIÓNS
ABSOLUTA MASCULINA

- Adrián Rodríguez Díaz (RUNNING SPORT TRAIL)
- Yago Abeledo Iglesias (CDM XESTEIRAS)
- Marcos Antonio Pascual Fidalgo (CASTRO TRAIL)
ABSOLUTA FEMININA

- Alba Rey Penelas (A.D. JARNACHAS)
- Patricia Noya Rodríguez (TRIBU TRAIL)
- Rosa María Araujo Losada (RUNNING SPORT TRAIL)
VETERÁNS A



VETERÁNS B



VETERÁNS C


CATEGORÍA XUVENÍL FEMININA
- Julia Salvado Diéguez (ACADE)
CATEGORÍA XUVENÍL MASCULINO
- Eloy Martínez Faro (AC CASTELOS TRAIL CLUB)
- Mateo Lamas Diéguez (ASESOU)
CATEGORÍA JUNIOR MASCULINO
- Carlos Bao Pérez (CLUB TRAILEROS TOXOS&BIRRAS)
- José Luis Prol Da Costa (ASESOU)
CATEGORÍA PROMESA MASCULINO
- Fabio Antonio González Iglesias (ASESOU)
- Víctor Prol Da Costa (ASESOU)
Dende a FGM damos as gracias a todos e todas as participantes que se animaron a acudir a esta 3º proba da Copa Galega, ó club organizador polo seu bo facer e por ter unha planificación de carreira espléndida e por mimar tanto ós participantes, tanto durante o percorrido como no fin de carreira.
CLASIFICACIÓNS XERAIS DA COPA XUNTA DE GALICIA DE CxM 2023
A I Proba da I Copa Xunta Galicia de Escalada en Idade Escolar do 2023, celebrarase en Vigo no Pavillón Polideportivo Municipal Valentín Bernández o sábado 10 de xuño. Estará organizada pola Federación Galega de Montañismo (FGM) e o Club Montañeiros Celtas, e conta co patrocinio do Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia, Allianz Seguros e Terra Deporte Aventura.
Esta copa en idade escolar está dirixida aos e ás escaladores/as máis xoves, comezando polas promesas que son as e os prebenxamíns (6 e 7 anos), continuando polos/as benxamíns (8 e 9 anos), alevíns (10 e 11 anos), infantís (12 e 13 anos) e rematando na categoría cadete (14 e 15 anos). Todos/as eles e elas forman o futuro da escalada ern Galicia.
A proba está aberta a todos e todas os/as escaladores/as xoves federados/as dos clubs galegos adxcritos á FGM e deportistas doutras federacións autonómicas e países. Xa nalgunha ocasión tivemos deportistas doutras CC.AA e Portugal.
Esperamos a participación dun mínimo de cen deportistas chegados/as de toda Galicia. A competición desenvolverase durante a mañá en dúas fases diferenciadas, unha primeira de clasificación e unha segunda adicada as finais. Nas finais estarán os mellores e as mellores seis deportistas por categoría e xénero. A hora de comezo está prevista as 09.30 horas, as finais arredor das 12.30 horas e a entrega de premios as 14.30 horas.
Toda a información en: https://fedgalmon.gal/i-proba-da-i-copa-xunta-galicia-de-escalada-en-idade-escolar-2023/
Link para a inscrición: https://fgm.playoffinformatica.com/InscripcioWeb.php?idLliga=78
A entrada á competición e libre e de balde. Desexamos unha boa presenza de público que anime a estes/as xoves deportistas durante todo a competición.
Organizan:
Federación Galega de Montañismo
Club Montañeiros Celtas
Patrocinan:
Concello de Vigo
Deputación de Pontevedra
Xunta de Galicia
AON
Vigo Marine Services
Terra Deporte Aventura
As 9 en punto daban saída á “VI Andaina do Condado Marqués de Vizhoja – Vila de As Neves” dende a praza do Concello de As Neves (Pontevedra), con 330 inscritos celebrada o pasado domingo 7 de Maio.
Esta andaina organizada polo Club Cornelios constaba de dúas distancias, unha curta de 15KM e outra de 25K; ambas puntuables para a 1ª Liga Xunta de Galicia de Sendeirismo da FGM (Federación Galega de Montaña).
Destaca deste percorrido a cima do Alto San Nomedio (Coto Grande), a 690 m de altura, que separa as parroquias das Neves de Taboexa, San Xosé de Ribarteme e San Pedro de Batalláns. Na mesma cima atoparemos a ermida de San Nomedio.
Desde aquí observaremos boa parte da extensión deste concello, así como os concellos limítrofes: Salvaterra de Miño, o val do Miño, Portugal, Ponteareas, Covelo, A Cañiza, Ponteareas.
A 5 kms do remate na parroquia de Rubiós encontramos os Muiños de Rio Xulia.

Durante a baixada disfrutouse do ultimo avituallamento no Nande Hotel da Natureza cas súas impresionantes vistas.
Na propia saída, podíamos visitar as carpas de Requeixo e Mel Condado Paradanta, Asociación Galega Fibrosis Quística, Marqués de Vizhoja e Cerveza Artesana Curuxa.

Durante a entrega de dorsais e no momento da saída estaban presentes o Sr. Alcalde Xose Rodríguez, o Concelleiro de deporte do Concello de As Neves Óscar González, a Presidenta da FGM Josefina Maestu e varios membros do Club Marqués de Vizhoja-Cornelios.
Agradecer a todos os participantes a súa asistencia. A todas as persoas voluntarias polo esforzo realizado. Ao club Cornelios polo gran traballo e excelente organización e ao Concello de As Neves por todo o apoio dado.
Vémonos o próximo día 20 de Maio en Brión.
Vogalía de Sendeirismo

Novos deportistas declarados de alto nivel e de rendemento deportivo na FGM o 2-05-2023 segundo o RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2023 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base de Galicia e diferentes colectivos deportivos, así como as solicitudes desestimadas e a causa publicado no DOG número 83 o 2-05-2023.
Xavier Carballo Varela do Club Aromon Pontevedra Montañeiros A Roelo. Deportista de alto nivel ata o 21.04.2028.

O pontevedrés Xavi Carballo do do Club Aromon Pontevedra Montañeiros A Roelo, campeón de España de Escalada de Dificultade en categoría Sub-18 masculina no ano 2022
Xián Peláez López do Club Montañeiros Celtas. Deportista de alto rendemento ata o 21.04.2028.

O vigués Xián Peláez López do Club Montañeiros Celtas, terceiro clasificado na Copa de España de Escalada de Velocidade 2022, categoría Sub-18 masculina
Dende a FGM desexamos dar a noraboa a estes deportistas, as súas familias e aos seus clubs.
O sábado 6 de maio tivo lugar a actividade de sendeirismo interpretativo “Sendeirismo e Osos con Futuro”, organizada pola Federación Galega de Montañismo en colaboración ca Fundación Oso Pardo. A motivación desta actividade está no marco do Proxecto LIFE Osos con Futuro, que se desenvolve en zonas con presenza de oso pardo e con colectivos usuarios desas zonas para prever os posibles conflitos derivados dos encontros con este marabilloso animal.
O día comezou con choivas intermitentes, que remitiron durante o café de presentación no Acampamento do Caurel. Aproveitamos entón para desprazarnos ata Zanfoga no inicio da ruta pola Reserva Natural Fluvial do río Lor. Un río que soaba cheo de vida envolto por fermosas paisaxes de bosques apenas alterados polo home, acompañáronnos durante toda a ruta.
A xornada transcorreu de xeito agradable para todos os asistentes, incluso para os máis pequenos que desfrutaron fotografiando os pequenos tesouros que nos fomos atopando na ruta. Aprendemos sobre a bioloxía e os costumes do oso pardo, que estase a recuperar pouco a pouco ocupando zonas nas que habitaba historicamente, coma a montaña oriental galega.

Ao remate da xornada xa de volta no Caurel os 25 asistentes confraternizamos cun pincho.

Dende a FGM agradecemos a atención e as explicacións dos dous guías da Fundación Oso Pardo, e a marabillosa acollida desta xornada por parte de todolos asistentes que sen dúbida nos anima a organizar máis actividades deste tipo.
Con esta actividade a FGM participou na Semana de Senderismo FEDME 2023, optando ao premio á mellor actividade medioambiental.
Dende a Federación Galega de Montañismo, queremos destacar os logros conseguidos por algunhas e algúns dos nosos federados, dos diferentes Clubs que conforman a nosa federación. Éxitos deportivos, que a maioría das veces, apenas teñen eco nos medios de comunicación, canto máis si teñen lugar fora de Galicia.
Hai escasas semanas, no país veciño (Portugal), o corredor Manuel Enrique Fernández Fernández, do club Coutadas Trail Team, consígueo o primeiro posto absoluto no Ultra Trail do Marâo (Amarante). Unha proba moi dura, 115 kms cun desnivel positivo de 7.500 mts. Alzouse ca vitoria nun tempo de 17 horas e 35 minutos, aventaxando en 32 minutos ao segundo clasificado.

Seguimos por terras portuguesas, no evento Trans Peneda-Gerês, que ten lugar no Parque Nacional Peneda-Gerês. Na distancia mítica de 100 millas, cun desnivel positivo de 8.500 m, José Manuel Gil Bernardez, do AC Castelos Trail Club, conseguíu o 2º posto da xeral absoluta e 1º senior, con un tempo de 22 horas e 29 minutos.

Por último, damos o salto ao outro lado do “charco”, EE.UU. A nosa galega máis internacional, Aroa Sío, do club Lodeiros Trail, conseguíu o 10º posto da xeral absoluta e 3ª muller en entrar en meta, na proba The Canyons Endurance, cunha distancia de 100 km e 3.200 m de desnivel positivo, investindo nela 10 horas e 11 minutos.

Unhas grandes actuacións e logros. ¡Parabéns aos tres!, sodes un exemplo a seguir. Felicitamos tamén a todas e todos os nosos federados, que cada fin de semana están a competir en calquer modalidade e superando os seus logros persoais dentro e fora das nosas fronteiras.
Vicepresidencia de Clubs e Persoas Federadas
As Neves, 28 de abril de 2023
Hoxe, 28 de Abril de 2023 tivo lugar a “Presentación da VI Andaina do Condado Vila das Neves”, no Concello das Neves.
Tras varios anos de parada na organización deste evento, retomamos con moitas ganas e ilusión e cun percorrido deseñado para o #gozar máximo da natureza que nos regala a nosa contorna.
A Andaina celebrarase o Domingo 7 de Maio de 2.023, coincidindo co Día da NAI, polo que desde o club animamos a todo o mundo a valorar esta actividade como unha opción para pasar o día coas persoas que nos deron a vida e que nunca nos deixan caer.
O evento ofrece dúas distancias para que cada participante poida elixir aquela en a que senta máis cómodo e as persoas que están a dubidar de se están ou non preparadas; non teñas dúbidas e proben esta disciplina, que cada día conta con máis seguidores, polo seu #gozar e pola xente que forma parte deste mundo.
A andaina sairá da Praza Maior das NEVES, pasando por lugares con interese turístico como pode ser o Santuario de Santa María de Riberteme, Vos Petróglifos de Taboexa, vos Muiños do río Xuliana en Louros, e moitos outros lugares de valor incalculable pero que non vos imos a contar para que o descubrades durante o percorrido e teña algo de misterio.
A maiores contarvos que está permitido que os participantes veñan coas súas mascotas se así o desexan.

Como nas anteriores edicións, temos diferentes distancias:
Andaina de 25km: A hora de saída é ás 09:00h. Conta con varios puntos de control, ten 3 avituallamientos sólidos/líquidos e á chegada a Meta a correspondente comida/merenda, tamén cun pequeno agasallo.
A organización establece as seguintes horas de corte que deben respectar todos os participantes.
O primeiro corte estará no segundo avituallamiento no KM 14, deberase pasar por este punto antes das 3,5 horas desde o comezo da proba.
O segundo corte estará no terceiro avituallamiento no KM 20 deberase pasar este punto antes das 5 horas desde o comezo da proba.
Andaina de 15km: A hora de saída é ás 09:05h. Conta con varios puntos de control, ten 1 avituallamiento sólido/líquido e á chegada a Meta a correspondente comida/merenda, tamén cun pequeno agasallo.
Para este percorrido a organización non estableceu horas de corte.
A presentación do evento contou coa participación de Xose Rodríguez, Alcalde das Neves, e Óscar González, Concelleiro de deportes do Concello das Neves, Diego Fernández, Presidente do Club Marqués de Vizhoja-Cornelios; Fran Durán, Director da proba, coa colaboración de Julio Alonso, Alba Barbeito e David Bas e coa Vogal de Sendeirismo da Federación Galega de Montañismo Laura Lado Blanco.
O evento está organizado polo Club Marqués de Vizhoja-Cornelios e conta coa colaboración do Concello das Neves. E como todos os anos, volvemos contar cunha caseta da “Fibrose Quistica de Galicia”.
