DATA: 23 de xaneiro
HORA: 20h
LUGAR: Auditorio Concello de Vigo

O venres 23 de xaneiro no Auditorio do Concello de Vigo o noso socio, Sechu López, dará unha charla con proxección de imaxes da expedición no Ártico: dos 55 días en Canadá e especialmente dos 38 días que durou a travesía sobre o mar conxelado, percorrendo con éxito o Ramal Sur do mítico «Paso do Noroeste» xunto a Quitín e Jose T.

Realizaron 613 km en autonomía nun lugar remoto e inhóspito de condicións extremas, 38 noites en tenda de campaña. A temperatura foi sempre moi por baixo dos cero graos centígrados. En zona do osos polares.

Quen teña curiosidade está convidado a asistir e coñecer a historia e anécdotas desta viaxe.

Entrada gratuita ata completar aforo.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade