O pasado sábado día 24 de Febreiro a vogalía de Marcha Nórdica da FGM estivo presente na existosa terceira xornada destinada a divulgación desta nova modalidade deportiva.
Nesta ocasión a xornada realizouse na cidade de Ourense e estivo organizada pola Asociación de Escaladores Ourensáns (ASESOU) e “La Región” coa colaboración das profesionais en marcha nórdica, Cristina Gonzalez e Cecilia Garcia Carrara, ambalas duas profesionais desta Federación.

A actividade despertou moitísimo interese, acercáronse unas 100 persoas que tiveron a posibilidade de coñecer a actividade e gozar dunha mañá pracenteira practicando un deporte saudábel e o alcance de tod@s.

A partires de este intre, ASESOU poñerá a disposición dos seus socios e todas aquelas persoas que estén interesadas actividades de marcha nórdica no seu almanaque deportivo.

¡Dende a vogalía de Marcha Nórdica, agradécese o interese e a disposición dos difererentes clubes federativos para a divulgación da Marcha Nórdica!
Informando que de seguido faranse actividades similares no Barco de Valdeorras, Ferrol e Pontevedra.