O domingo 24 de Xuño celebrouse a 4ª Proba da Copa de España de Carreras por Montaña -FEDME 2018 en Zumaia- Guipuzcoa
A carreira denominada “ZUMAIA FLYSCH TRAIL – 2018” cuns 42Km e un desnivel positivo de 2.250m. Esta é unha carreira un pouco rompe pernas non moi técnica
A segunda participación da Selección Feminina foi moi boa, grazas a MARÍA FERREIRO PÉREZ con ese 11º posto. Onde a participación feminina era de nivel, Outro éxito para o deporte feminino de montaña de Galicia
Destacar o 3º posto de Veteranos de ELPIDIO GOMEZ SOUSA
- MARIA FERREIRO PÉREZ posto 11 sénior feminino
• ELPIDIO GOMEZ SOUSA posto 11 e 3 – Veterano
• LUIS CARBALLO POSE retirado por problemas musculares
• DAVID CORDERO MILLOS posto 12 de Junior