5ª XORNADA DE DIVULGACION DE MARCHA NORDICA: BARCO DE VALDEORRAS

 
Novamente esta fin de semana tivemos unha xornada de divulgación de Marcha Nórdica.
 
Onte día 15 de Abril a nosa voca Cecilia da Federación Galega de Montañismo presentouse no Barco de Valdeorras ante persoas da comarca e tamén socios do clube Club Peña Trevinca Barco, os cales nos recibiron cos brazos abertos. Ao redor de 40 persoas tiveron a posibilidade de aprender esta nova disciplina deportiva e comprobar os grandes beneficios de camiñar cós bastones aplicando a técnica precisa.
 
Os alumnos puxeron todo o seu interese en mudar o paraugas polos bastones e non cabe ningunha dúbida que o conseguiron. Aínda que a marcha nórdica é un deporte de sinxelo aprendizaxe, agora lles toca a eles dedicar horas polas distintas sendas e acadar fluidez no camiñar.
 
 
Agradecer o clube ” Club Trevinca Barco” o seu recibimento e boa organización.
 
¡¡¡Gracias polo voso desexo de aprender!!!
 
Lembrade que o próximo destino é PONTEVEDRA, programada para o día 26 de Mayo, en breve… máis info