A XX edición da Andaina de 50 kilómetros “Concello de Ribeira”, celebrarase o sábado 7 de Setembro, e constará de dous bucles (30 + 20 km) que comenzarán e rematarán, ambos recorridos, no Pabellón Polideportivo de A Fieiteira.

A proba está organizada polo Concello de Ribeira e a Asociación de Veciños de Carreira, contando coa colaboración da Federación Galega de Montañismo, Club Sachacamiños, Arousa Neo, GAEM Ribeira e Policía Local.

O prazo de incrición finaliza o 4 de Setembro, ás 23.59 horas. Mais info AQUÍ.

A “Andaina 50 K Concello de Ribeira” cumpre dúas décadas

O pasado 27 de agosto déronse cita para a presentación, o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o presidente da Federación Galega de Montañismo, Alejandro López, o presidente da Asociación de Veciños de Carreira, Moncho Sampedro e Enrique Frexeiro do departamento de andainas da Federación.

Alejandro López, felicitou en nome da Federación Galega de Montañismo; o chegar a esta XX edición “que ten moito mérito o poder seguir organizando esta andaina” e comentou tamén que “dende a Federación non soamente fomentamos as actividades deportivas senón tamén as actividades de saúde”. López salientou a beleza do percorrido e dou os parabéns pola implicación do Concello de Ribeira máis a de tódolos involucrados na organización”


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade