Escola Galega de Alta Montaña

Egam
A EGAM (Escola Galega de Alta Montaña) é un órgano da Federación que constitúe a base da educación e tecnificación dos deportistas federados.
Está constituída por un corpo técnico de profesorado especializado en montañismo, escalada, alpinismo, esquí de montaña, e barrancos. Dende hai moitos anos vén desenvolvendo, cada tempada, os correspondentes cursos dentro do calendario da FGM e das diversas especialidades. Actualmente a variedade de cursos e de niveis ofertado permite que tódolos federados de tódolos niveis teñan cursos adecuados á súa capacidade.
A consecuencia directa da maior formación dos deportistas será que poderán acadar cotas máis altas no noso deporte. Pero sen dúbida, pódese afirmar que por diante do anterior, o primeiro obxectivo da Escola Galega de Alta Montaña é que os montañeiros estean plenamente formados na “Seguridade na Montaña”.