A ESCALADA DEPORTIVA EN GALIZA ESTÁ DE PARABÉNS

Hoxe temos unha boa nova que nos pon moi contentos. Un rapaz do programa de tecnificación deportiva da FGM acadou un encadene moi significativo, cun idade de 13 anos encadea o seu primeiro 8a, doutros moitos que virán, estamos seguros delo. Parabens para Xavier Carballo, noso deportista, os compañeiros del, o equipo de tecnicos e a súa familia. Nós estamos moi contentos, pois todo o investido, cartos, tempo, ilusións e moitas cousas máis, comezan a dar os seus froitos. Dende eiquí só desexamos que non perda a ilusión e as ganas de seguir escalando e sexa unha motivación para o resto de compañeiros e compañeiras do programa de tecnificación.

Deixamos eiquí as verbas do seu adestrador e director do programa de tecnificación, José Juan Domínguez

Hoxe queremos dende a FGM compartir o recente exito do deportista Xavier Carballo que ven de acadar no día de hoxe (onte) o seu primeiro octavo na escola de escalada de Faro de Budiño (Porriño), conseguindo encadear “Viento Sur” 8a, a que foi a primeira vía deste grado nesta histórica escola do sur de Galicia.

Este xove escalador de tan só 13 anos e socio do Club Aromon Pontevedra, pertence ao Programa de Tecnificación Deportiva de escalada da FGM, e xunto cos seus compañeiros e compañeiras conforman o noso relevo xeracional na disciplina de escalada deportiva tanto en rocha coma en competición.

Sen dúbida, un proxecto que pouco a pouco e coa diferente implicación de nais e pais, clubs, adestradores e da propia Federación Galega de Montañismo vai dando os seus froitos ano tras ano.

Esperamos no futuro poder seguir nesta dirección e acadar resultados que potencien o noso deporte e sirvan de correa de transmisión aos novos valores que xa veñen despuntando nas diferentes Escolas Deportivas de Escalada.

Noraboa neste caso a Xavier Carballo polo seu triunfo individual que sen dúbida e compartido por todos nos.

Deixamos unhas imaxes do encadene

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.