Vigo, 29 de abril de 2025 – Roberto López, montañeiro vigués, continúa o seu ascenso ao Makalu (8.485 m), unha das montañas máis desafiantes do Himalaya, cunha progresión máis rápida do previsto e en excelentes condicións de saúde.

Dados clave da expedición:

* 19 de abril de 2025: Saída de Vigo cara a Katmandú.
* 22 de abril de 2025: Partida en avión desde Katmandú e inicio da viaxe de aproximación ao campamento base.
* Comunicacións: Desde Katmandú, Roberto mantén contacto só a través do seu teléfono por satélite. As mensaxes e chamadas confirmaron o bo ánimo e o óptimo estado físico do expedicionario.
* Percorrido: Cruzou varias ladeiras a unha altitude considerable sen ningún problema, adiantando o seu cronograma inicial en tres ou catro días.
* Descrición do terreo: O collado atravesado descríbeo coma unha selva virxe, con escasa poboación e paraxes espectaculares.
* 27 de abril de 2025: Chegada ao campamento base (4.870 m).
* 28 de abril de 2025: Ascenso ao campo base avanzado (5.600 m), onde as condicións son de neve intensa e temperaturas moi baixas.

Próximos pasos:

A partir de agora, Roberto iniciará as rotacións a campamentos de gran altitude para transportar material e completar o proceso de aclimatación. Durante varios días permanecerá no Campo Base Avanzado, aproveitando para descansar e adaptarse a (alta) presión e temperatura, antes de emprender os tramos finais ata a cume do Makalu.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade