A FGM homenaxeada na Gala de entrega de premios da FEDME

O pasado sábado día 15 de decembro o noso presidente Adolfo Puch recolleu de mans do presidente da FEDME Joan Garrigós o galardón concedido a FGM pola excelente organización o pasado mes de xullo do I Campionato de España de Escalada de Selecciones Autonómicas en Idade Escolar celebrado na Sala Indoorwall de Santiago de Compostela.

No seu parlamento de agradecemento o presidente destacou o traballo do noso equipo organizador e o apoio do Consejo Superior de Deportes, Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Concello de Santiago de Compostela e FEDME.

MAIS INFO

FGM 2019