A Federación Galega de Montañismo continúa traballando na mellora dos servizos dixitais que ofrece ás persoas federadas. Como resultado das suxestións e necesidades trasladadas polos propios usuarios, xa está dispoñible unha nova actualización da App FGM, que incorpora diversas melloras orientadas a facilitar a súa utilización.
Entre as principais novidades destaca a simplificación do proceso para a tramitación de partes de accidente, facendo que este procedemento sexa máis áxil, intuitivo e accesible para as persoas usuarias.
Así mesmo, actualizouse o apartado de datos persoais para facilitar o acceso ás vantaxes derivadas dos acordos de reciprocidade nos refuxios, mellorando a identificación e a xestión desta información.
Desde a Federación Galega de Montañismo continuaremos desenvolvendo novas funcionalidades e introducindo melloras que permitan ofrecer unha aplicación cada vez máis útil, práctica e adaptada ás necesidades das persoas federadas.
Animámosvos a manter a aplicación actualizada para poder desfrutar de todas estas novidades e das futuras melloras que se irán incorporando.
Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
