A Federación Galega de Montañismo (FGM) informa da composición da súa Xunta Directiva, da Asemblea Xeral e da Comisión Delegada tras o proceso electoral desenvolvido no seo da Federación.
Unha vez finalizado o proceso electoral e proclamados definitivamente os membros electos da Asemblea Xeral, a Federación dá a coñecer a composición dos seus órganos de goberno e representación, co obxectivo de trasladar esta información aos clubs e ao conxunto da comunidade federativa.
XUNTA DIRECTIVA
A Xunta Directiva da Federación Galega de Montañismo queda conformada polas seguintes persoas:
• Presidente: Alejandro López Sánchez.
• Vicepresidente primeiro e vogal de Licenzas: Fernando Fernández Rey.
• Vicepresidenta segunda e tesoureira: Marta Trueba Gayol.
• Vicepresidente terceiro e vogal de Andainas e Sendeirismo: Henrique Freixeiro Cameselle.
• Secretaria xeral: Cristina Villar Lampón.
• Vogal de Escalada: Fausto Blanco Álvarez.
• Vogal de Marcha Nórdica: María Pilar Vázquez Fariña.
• Vogal de Carreiras por Montaña: Helga Lages Vidal.
• Vogal de Áreas Verticais de Actividade Deportiva: Alfonso Louro Fuentes.
• Vogal de Refuxios e Infraestruturas: Alfonso Böck Villalba.
• Vogal de Xuventude: Eva María López Estévez.
• Vogal de Alpinismo: Sabela Córdoba Torrecilla.
• Vogal de Sendeiros e Medio Ambiente: Xan Antón Ramírez Gómez.
• Vogal de Barranquismo: Rubén Suárez Carballo.
• Vogal de Inclusión: Joaquín Suárez Baulde.
ASEMBLEA XERAL
A Asemblea Xeral da FGM está integrada polos representantes dos diferentes estamentos federativos, de acordo coa proclamación definitiva realizada pola Xunta Electoral.
Estamento de clubs de montañismo
• AVIVA Sport Club: Óscar Roldán Vila.
• Club Alpino Ourensán: María del Mar Pallás Valleros.
• Club Asociación Os Sendeiros de Foz: Roberto Moris Fernández.
• Club de Montaña Coruña: Javier Aradas Mariñas.
• Club de Montaña Xistra: Xosé Henrique Freixeiro Cameselle.
• Club Montaña Ferrol: Xan Antón Ramírez Gómez.
• Club Montañeros Celtas: Carmen Pérez Orge.
• Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia: José Luis Faro Fortes.
• Sociedad de Montaña Ártabros: Alfonso Louro Fuentes.
Estamento de clubs de escalada
• Agrupación Montañeros Independientes: Félix Criado Alonso.
• Asociación de Escaladores Ourensáns: Alfonso Böck Villalba.
Estamento de clubs de Carreiras por Montaña
• Asociación Cans Deportistas: Patricia Diéguez Ares.
• CAR Marisqueiro: Juan Carlos Paz González.
• Club AC Castelos Trail Club: David Patiño Vilas.
• Club de Montaña Vértice: María Luisa Loreiro Matalobos.
• Club GMTA: Pilar Costas Freire.
• Club Running Sport Trail: Diego Martínez Ribao.
Estamento de clubs de Marcha Nórdica
• Club Deportivo Nordic Walking Airiños: Isidro Castro Soto.
Estamento de árbitros de Carreiras por Montaña
• José Raúl Leiros Gutiérrez.
Estamento de árbitros de Escalada
• Jaime Larriet Gancedo.
Estamento de árbitros de Marcha Nórdica
• Adília Leonor da Costa Abreu.
Estamento de técnicos e técnicas
• Apolinar Junquera Amenedo.
• Gustavo Vázquez Fariña.
• María del Pilar Vázquez Fariña.
Estamento de deportistas de montañismo
• Ana María Fernández Fernández.
• David Outerelo Pumares.
• Diego Martínez Ribao.
• María Antonia Castiñeira García.
• Miguel Bernárdez Martínez.
• Moisés Álvarez Jorge.
• Roberto Carril Comesaña.
Estamento de deportistas de Carreiras por Montaña
• Pedro José Caro Gutiérrez.
• Roberto Salvado Tejedor.
Estamento de deportistas de Escalada
• Alfonso Böck Villalva.
• Eva María López Estévez.
Na proclamación definitiva non se rexistraron candidaturas para os estamentos de deportistas de alto nivel e de deportistas de Marcha Nórdica.
COMISIÓN DELEGADA
A Comisión Delegada queda integrada polas seguintes entidades e persoas, segundo a relación facilitada pola Federación.
Representación das entidades deportivas
• Asociación de Escaladores Ourensáns.
• Club Montaña Xistra.
• Club AC Castelos Trail Club.
• Club Montaña Pena Trevinca.
Representación dos demais estamentos
• José Raúl Leiros Gutiérrez.
• Roberto Salvado Tejedor.
• David Outerelo Pumares.
• Eva María López Estévez.
• Apolinar Junquera Amenedo.
Compromiso co montañismo galego
A Federación Galega de Montañismo traslada esta información aos clubs e ás persoas federadas, reafirmando o seu compromiso co traballo conxunto dos distintos estamentos e co desenvolvemento das modalidades deportivas da montaña en Galicia.
A FGM continuará traballando na promoción do deporte, no apoio aos clubs, no fomento da participación e da inclusión e na defensa dos valores asociados á montaña, á natureza e á práctica deportiva.
Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.