Esta fin de semana a localidade asturiana de Entrego acolleu unha nova edición da actividade INTERCENTROS organizada pola Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME), unha cita destinada ás categorías de base e ao intercambio deportivo entre federacións autonómicas.
A Federación Galega de Montañismo participou neste encontro cun grupo de oito deportistas de base acompañados pola seleccionadora Alejandra Seoane. Durante as diferentes xornadas, os mozos e mozas galegos compartiron experiencias con deportistas doutras comunidades autónomas como Aragón, Estremadura ou Asturias, entre outras.
O programa combinou actividades de aprendizaxe técnica, adestramentos específicos e dinámicas de convivencia, fomentando non só o desenvolvemento deportivo, senón tamén os valores humanos e sociais que forman parte esencial do deporte de montaña.
Desde a FGM valorouse moi positivamente esta experiencia, destacando a importancia deste tipo de encontros para o crecemento deportivo e persoal das novas xeracións de deportistas.
A Federación Galega de Montañismo agarda poder seguir incrementando a participación galega nas próximas edicións desta actividade.
Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.