O día 7 de febreiro pecharonse os últimos detalles da organización do Campeonato de España de Escalada en Edad Escolar froito da colaboración entre Consejo Superior de Deportes, Xunta de Galicia, Concello de Santiago de Compostela, Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada e Federación Galega de Montañismo.

Galicia acollerá esta proba na súa primeira edición a nivel español.
Mantivemos reunións en Xunta de Galicia na que participaron a Secretaria Xeral para o Deporte Dona Marta Míguez Telle, José Miguel García La Torre Responsable de Deporte Escolar da Fedme, Lluis Giner i Arnabat Director Técnico da Fedme, Xosé Manuel Pérez Prego Director Técnico da FGM e Adolfo Puch Presidente da FGM, moi satisfactoria para todas as partes.
Seguidamente mantivemos contacto no Concello de Santiago coa Concelleira de Deportes Dona Noa Morales Sánchez.

E finalmente co Xerente de Indoorwall D.Gabriel Otero Rosende.
A nosa Federación e seus equipos técnicos terán a responsabilidade de levar a diante este importante evento estatal que terá lugar os días 6, 7 e 8 de xullo de 2018, no que estamos volcados e moi ilusionados.