Once deportistas tecnificados representaron ao noso equipo nesta emocionante proba nacional, a xornada estivo marcado pola entrega, a superación e as gañas de aprender, aspectos que fixeron posible que tres dos nosos escaladores lograran entrar nas finalis. Este logro supón o recoñecemento do traballo constante de cada deportista, a dedicación dos equipos técnicos e colaboración dos clubs implicados.

Os resultados amosan a boa progresión do noso equipo, que se reflicte especialmente nos finalistas:

  • U15 Masculino: Javier Gento (4º/38) y Xoel Lores (7º/38), ambos finalistas, xunto con Santiago González, que acadou o posto 26.

  • U15 Femenino: Carolina Prida (29º/39), Naiara de la Iglesia (30º/39) e Irene Gómez (34º/39).

  • U17 Masculino: Tiago Carballo (26º/33).

  • U17 Femenino: Adriana Túñez (22º/26).

  • U19 Masculino: Martín Ferreiro (19º/19).

  • U19 Femenino: Lara Prida (16º/16).

  • Absoluta Masculina: Xavier Carballo (8º/15), finalista.

A Federación Galega de Montañismo felicita a todo o equipo polo esforzo realizado, pola actitud positiva e polo bo ambiente que reinou durante toda a competición. Estamos convencidos de que este grupo sigue medrando, con marxe de mellora e moitos retos por diante.

¡Parabéns pola entrega e por representar con orgullo los valores del montañismo galego! Seguimos escalando xuntos cara a novos obxectivos!


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade