Desde a Federación Galega de Montañismo anunciamos a celebración da Marcha Galega de Veteranos FGM 2026, que terá lugar o vindeiro domingo 20 de setembro no concello de Lalín, en Pontevedra. Organizan esta actividade a Sociedade de Montaña Ártabros e a Vogalía de Andainas e Sendeirismo, coa finalidade de reunir deportistas e clubs de montaña de toda Galicia.

A marcha desenvolverase polo entorno do castro de Doade e o río Asneiro, seguindo o itinerario PR-G-210. Trátase dun percorrido circular de 17 quilómetros, con saída desde a Casa do Patrón de Lalín, en Codesedo, e un desnivel positivo e negativo de 476 metros.

Ao longo da ruta pasaremos por lugares como O Cruceiro, San Tomé, Carracedo, o castro de Doade e Os Muíños, nunha xornada pensada para gozar da natureza, do patrimonio e da convivencia entre as persoas afeccionadas ao sendeirismo.

A participación está reservada exclusivamente a persoas federadas. Establecemos un mínimo de 15 participantes e un máximo de 100. O prazo para inscribirse na ruta rematará o 15 de setembro, mentres que as inscricións para participar no cocido estarán abertas ata o 11 de setembro.

O prezo da inscrición é de 5 euros por persoa para realizar o roteiro. Tamén ofrecemos a posibilidade de incluír un cocido completo por un prezo total de 37 euros. A actividade inclúe, ademais, a entrada ao Museo Etnográfico Casa do Patrón, onde se celebrará o xantar.

Animamos todos os clubs e asociacións montañeiras galegas a participar nesta nova edición da Marcha Galega de Veteranos e a acompañarnos nunha xornada deportiva e de confraternidade no corazón da comarca do Deza.

Aquí está a ligazón para rexistrarse >


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade