Galicia volveu demostrar a súa forza nas montañas esta fin de semana no Desafío Calar do Río Mundo, celebrado en Riópar, onde a Selección Galega de CxM Ultra participou no Campionato de Seleccións Autonómicas.

A proba, cun esixente percorrido de 70 km e 4.500 metros de desnivel positivo, puxo a proba aos 425 atletas inscritos, dos cales só 238 lograron completar o desafío. O terreo, altamente técnico e variado, combinou zonas de bosque con tramos pedregosos de gran dificultade, esixindo o máximo nivel físico e mental.

A carreira comezou ás 5:00 horas en condicións óptimas, aínda que o aumento da temperatura ao mediodía elevou a dureza da competición.

Os resultados da selección galega reflicten un gran nivel competitivo. No apartado masculino, todos os corredores se situaron entre os 70 primeiros: José Santiago (43º), Miguel (55º), Xosé María (65º) e Eduardo Fabeiro (66º), destacando o 6º posto de Xosé María en Veterano B.

Na categoría feminina, Carolina Niño asinou unha actuación destacada cun Top 12 e un 4º posto en Veterana. Completaron a participación Patricia (35ª), Charo (40ª), Rosa Araujo (52ª) e Loreto (58ª).

A selección contou co apoio constante da seleccionadora Alejandra Seoane, clave no acompañamento e asistencia ao equipo durante toda a competición.

Unha vez máis, Galicia estivo á altura, demostrando que o espírito das nosas montañas vive en cada paso.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade