Xavier Carballo do club AROMON é membro do programa de tecnificación de escalada da FGM dende o 2018, foi nomeado deportista promesa pola a Deputación Provincial de Pontevedra. Este nomeamento suponlle unha pequena axuda económica no seu camiño a converterse nun escalador de referencia en Galicia. Desexamos que manteña a ilusión que lle permita acadar día a día melloras no seu camiño como deportista. Hai que lembrar que Xavier trouxo para Galicia as dúas primeiras medallas nunha competición estatal.

En pouco tempo desfrutaremos vendoo competir na máxima categoría.

Aproveitamos para felicitar o seu adestrador, José Juan Domínguez, polo froito dunha labor de xa varios anos.

As fotos amosan o encadeamento do seu primer 8a en Galicia no Faro de Budiño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.