O vindeiro 17 de novembro a Federación Galega de Montañismo a través da Vogalía de Andainas e Senderismo, organiza xunto con Clube de Montaña Ribeira Sacra e o Concello de Parado de Sil unha Marcha Galega de Montañeiros Veteranos 2024.
O percorrido elixido é a ruta PR-G 98 Canón do Sil – Santa Cristina, na Ribeira Sacra, saíndo de Parada de Sil as 9,30 da mañá e calculando un tempo aproximado de finalización en 5 horas.
Esta ruta comenza no centro de Parada do Sil, descende a través de camiños tradicionais e pistas de terra por un profundo val habitado por moitos castiñeiros centenarios. Acompañaremos despois a un pequeno regato durante algo máis dun quilómetro para volver ascender o val e chegar a fondo de Vila. Desde aquí chegaremos ao famoso miradoiro dos Balcóns de Madrid e continuaremos camiñando por pistas gozando dunhas fermosas vistas ao Canón do Sil. Un pouco máis adiante chegaremos ás inmediacións do Mosteiro de Santa Cristina, rodeado de vellos castaños. Desde aquí só quedaranos continuar ascendendo até chegar de novo a Parada de Sil, onde finaliza a ruta.



Nesta ligazón deixámosvos toda a información Pulsa aquí
Esperamos que sexa unha xornada na que asistan a maior cantidade de deportistas e clubes de toda Galicia. Non faltedes!
O Clube de Montaña Ribeira Sacra invita tamén a asistir o sábado 16 de novembro de 2024 na festa etnográfica da “Pisa da Castaña” en Purdeus.
A Pisa da castaña é unha práctica centenaria típica de territorios de interior onde abunda o castiñeiro, como é o caso da localidade de Parada de Sil, e que actualmente está a caer en desuso.
Nesta festa poderemos asistir á recreación da pisa da castaña, que consiste en preparar a castaña para a súa almacenaxe e posterior consumición durante todo o inverno.
O froito colócase no que denominamos sequeiro, no seu interior alberga un piso de táboas de madeira dispostas cunha separación dun centrímetro entre si, sobre o que se colocan as castañas, se dejan secar durante varios días, póndolles lume por baixo e dándolles volta habitualmente cun rodo (instrumento de madeira) Despois de secarse correctamente, métense nunha bolsa de lona e golpeánse contra un tronco de madeira chamado pisón. Xa por último, límpanse, refugando as peles, nun instrumento de madeira denominado criba.