A Federación Galega de Montañismo celebra a próxima XIX Andaina de Outono do Barco de Valdeorras, organizada polo Club Peña Trevinca Barco e o Concello do Barco, que se desenvolverá o domingo 9 de novembro a partir das 9:00 h dende o Polideportivo de Calabagueiros.

Esta cita, que reúne preto de 350 participantes procedentes de toda Galicia —cunha notable presenza da provincia da Coruña—, representa un referente no calendario de andainas federadas. O evento ofrece dúas alternativas de percorrido: unha ruta curta de 15 km (413 m de desnivel) e outra longa de 25 km (915 m de desnivel), que discorren pola contorna das Penas Marías e Xagoaza, zonas afectadas polos incendios do pasado verán.

O vogal de Andainas e Sendeirismo da Federación Galega de Montañismo, Henrique Freixeiro, destacou durante a presentación que “esta actividade será a guinda de todas as andainas deste ano en Galicia, pois pecha o noso calendario oficial cunha das probas máis queridas e mellor valoradas polos participantes”. Engadiu ademais que “a Andaina de Outono do Barco é exemplo de boa organización, espírito montañeiro e posta en valor do territorio”.

A Federación Galega de Montañismo quere felicitar ao Club Peña Trevinca Barco polo seu traballo continuado ao longo de 19 edicións, así como ao Concello do Barco, á Deputación de Ourense e ás empresas colaboradoras polo seu apoio a unha actividade que combina deporte, natureza e convivencia.
Con iniciativas como esta, o sendeirismo galego consolídase como unha ferramenta esencial para promover o coñecemento das montañas de Galicia, fomentar o respecto pola natureza e fortalecer a comunidade montañeira.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade