ABERTA A NOVA CONVOCATORIA PARA FORMAR PARTE DO EQUIPO DE NOVOS ALPINISTAS GALEGOS (ENAG)

Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para formar parte do ENAG. Como ben sabedes, o equipo está formado por homes e mulleres.

O ENAG pretende recoller e tecnificar aos xoves alpinistas galegos co obxectivo de que podan seguir progresando nas actividades de alpinismo persoales, e ter opcións a participar nas probas de acceso ao Equipo Español de Alpinismo.

O prazo de presentación de solicitude e curriculum deporivo é breve, ata o 15 de febreiro, polo tanto todos e todas as interesadas enviade a documentación a maior brevidade.

Prégase que vos baixedes o pdf cos detalles pormenorizados e requisitos a cumplir se queres formar parte do ENAG. Lede con tranquilidade a información.

 

ENAG2 CONVOCATORIA INICIAL

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.