A Vogalía de Andainas e Sendeirismo da Federación Galega de Montañismo abre o proceso de solicitude para optar a organizar calquera ou varias das actividades de Montaña Activa, Sendeiros e Cumios para o ano 2025.

Poden presentarse calquera dos Clubes e asociacións galegas de montaña. Para o financiamento destes eventos, a máis das inscricións dos participantes e outros recursos que poidan aportar os clubs, a Federación ten aprobado en Asemblea Xeral orzamentos para cada unha delas. Esa información é pública e pódese consultar na FGM.

Actividades que oferta a FGM para a súa organización por parte de entidades federadas:

  • Marcha Galega de Esquí de Montaña (Pendente datas).
  • Marcha Galega de Raquetas de Neve (02/02/2025) (Pendente da neve).
  • Día do Sendeirista Galego (11/05/2025) – Nun sendeiro homologado.
  • Marcha Galega de Vivac (05-06/07/2025).
  • Descenso Galego de Barrancos (Pendente datas) (… en xuño ou xullo).
  • Marcha Galega Montañeiros Veteranos (21/09/2025).

O prazo de solicitudes remata o 20/12/2024. Serán valoradas as solicitudes por orde de chegada.

Podedes facer a solicitude no botón de abaixo.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade