O vindeiro sábado 25 de outubro, a estación invernal de Manzaneda converterase no punto de encontro para os e as afeccionadas á Marcha Nórdica, coa celebración da II Proba da Liga Galega de Marcha Nórdica. Trátase dun evento que busca promover, difundir e dar a coñecer esta disciplina deportiva, que combina exercicio físico, natureza e convivencia.

Esta cita forma parte das catro probas oficiais da liga, que se desenvolven ao longo do ano nas diferentes provincias galegas, grazas á colaboración entre os clubes organizadores locais e a Federación Galega de Montañismo. Nesta ocasión, Manzaneda ofrece un escenario perfecto para a práctica da Marcha Nórdica, cunha contorna natural única e unhas instalacións preparadas para recibir tanto a participantes como a acompañantes.

Ademais da proba principal, a xornada incluirá actividades complementarias pensadas para o goce de todas as idades e niveis, fomentando o carácter formativo, educativo e lúdico do evento. A proba non terá un carácter competitivo, polo que non se contemplarán sancións, agás nos casos nos que a arbitraxe detecte que algún participante estea correndo, xa que a esencia da marcha é manter un ritmo constante e unha técnica correcta.

A estación de Manzaneda pon á disposición dos visitantes apartamentos con diferentes capacidades e servizos, ideais para quen desexe prolongar a estancia e converter a experiencia nunha escapada de fin de semana. Tamén conta con restaurantes e cafeterías que completan a oferta, permitindo desfrutar dun día de deporte e natureza nun dos enclaves máis emblemáticos do interior galego.

A II Proba da Liga Galega de Marcha Nórdica preséntase así como unha excelente oportunidade para achegarse a esta disciplina en crecemento, coñecer a súa técnica e valores, e compartir unha xornada saudable nun entorno incomparable.

Máis información e inscricións NESTE LIGAZÓN

Vémonos alí!


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade