Dálle pulo á túa vila na Liga de Andainas Galega 2026!

Temos todo listo para a Liga de Andainas Galega 2026 e queremos contar contigo. Se es un club, asociación ou concello, esta é a vosa oportunidade de convertervos nos protagonistas da vindeira tempada.

Estamos a buscar novos e veteranos organizadores para encher o calendario con propostas cheas de ilusión e paixón pola nosa terra. Xa sexa para amosar un roteiro impresionante, dar a coñecer a vosa cultura ou simplemente pór en valor o voso patrimonio natural, a Liga de Andainas Galega é o espazo perfecto.

Se o ano pasado xa participastes, queremos que volvádes a vivir esa emoción. E se sodes novos, atrevédevos a dar o paso!

O prazo para presentar as vosas propostas remata o 30 de setembro de 2025. Envía a túa candidatura a andainas@fedgalmon.gal e convértete no anfitrión dunha das probas do ano.

Agardamos as vosas propostas para facer que a tempada 2026 sexa inesquecible.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade