
Dende hoxe ábrese o prazo para a inscrición ao Campionato Galego de Escalada de Dificultade 2020, que levarase a cabo no rocódromo do Pazo de Feiras de Lugo o sábado 24 de outubro.
A inscrición ao campionato se fai nesta mesma páxina na sección de competicións. O prazo de inscrición rematará o 9 de outubro.
Lembramos a todos e todas, que é imprescindible estar federado, autonómica galega ou estatal FEDME, e haberá unha única categoría, a absoluta. Na información anexa detállase as condicións para poder competir.
Dado que estamos a vivir unha situción moi delicada pola COVID-19. Durante o campionato aplicarase o protocolo COVID que atopades nesta mesma páxina, coa posibilidade de incluir algunha medida nova que garantice a saúde dos deportistas, delegados de clubs e organizadores. A competición celebrarase sen público asistente, agás de os delegados dos clubs participantes que deberán acreditarse con quince días de antelación.
Recordamos que as instalacións teñen o aforo controlado, a consecuencia delo, pode ser que teñamos que levar un programa de participación diferente ao habitual onde todos os e as deportistas compartían zona de quecemento e presenza conxunta. Unha vez teñamos o número de participantes informarase con detalle do programa.
Desexamos seguir adiante coa nosa actividade de escalada e manter o estimulo que axude no mantemento dos esixentes programas de adestramento a seguer polos e polas escaladoras. Pero se fará de xeito que a prevención e saúde estará por riba dos obxectivos deportivos.
Un saúdo a todas e todos e esperemos vernos en Lugo.
Ubicación do Pazo de Feiras
https://goo.gl/maps/KXLMh4R1vFNdyis17