Accesos e escalada no medio natural
POR ALFONSO LOURO
Sobre a vogalía
A vogalía de "Accesos e escalada no medio natural", ten como función principal a coordinación e xestión dos accesos e o mantemento dos espazos onde realizamos a escalada dentro de Galicia dentro dos espazos naturais. Os obxetivos básicos son, por un lado garantir de lexitimidade legal tanto a práctica da escalada en novas aperturas ou reequipamentos nas zonas de escalada situadas no medio natural, e por outro lado manter uns parámetros de seguridade axeitados nas zonas de escalada, mediante verificacións de resistencia e reequipamentos nos casos que se precise, no que se refire á instalación de ancoraxes permanentes, primando o consenso entre @s escalador@s e equipador@s locais.

A COLABORACIÓN E O RESPECTO Á HISTORIA
Para que este traballo sexa viable, tanto económica como éticamente, é imprescindible a colaboración dos distintos axentes implicados: Federación Galega de montañismo, equipador@res, escalador@s clubes de montaña, outras asociacións, Xunta de Galicia, Diputacións, Concellos, compañías de seguros… Tamén se pretende poñer en valor o enorme traballo feito ata o momento por aperturistas e reequipadores de forma altruista, intentando ofrecer protección xuridica que poda estar derivada dun accidente nalgunha das vías nas que se podería haber traballado. Por outra banda resulta fundamental “sensibilizar á comunidade escaladora cara a importancia da práctica da escalada sustentable”. Para conseguilo, intentamos traballar en estreita colaboración coas diferentes administracións na protección de especies e do medio natural, a través de iniciativas como o estudo de especies protexidas en tódalas áreas de escalada da comunidade, En coordinación entre a FGM, a delegación en Galicia de Escalada Sostenible e os correspondentes servicios de protección da natureza. Estes estudos permitirán materializar unha regulación medio ambiental da escalada, no que o colectivo escalador necesariamente ten que ser partícipe do proceso regulador.

Alfonso Louro Fuentes. Nado en 1977 na cidade da Coruña. Cursou o ciclo formativo de grado medio de traballos forestais e conservación do medio natural (2001/2002). Experiencia laboral en traballos verticais e dende o 2005 bombeiro profesional no SEIS A Coruña, con amplia experiencia na formación de rescate en altura profesional. Despois de practicar diferentes deportes na mocidade, descobre os deportes de montaña orientación e espeleoloxía a través da Sociedade de Montaña Artabros aos 16 anos. Dende ese momento leva toda unha vida practicando actividades de montaña e colaborando coas actividades do club (guiado en rutas de montaña, cursos de escalada e orientación, mantemento e setting de rocódromo, organización de competicións e xuntanzas de escalada, xornadas audiovisuais, carreiras de orientación, raids de aventura…) e xa nos últimos anos nos postos directivos, sendo actualmente presidente da entidade. Técnico federativo de escalada en rocha de EGAM dende 2009, é un dos principais equipadores reequipadores de vías de escalada no medio natural da provincia da Coruña. Ostentou diferentes cargos de representación na asamblea da FGM en diferentes etapas (estamento de técnicos, comisións delegadas, director da EGAM, xunta directica). Cofundador da delegación galega da Asociación Escalada Sostenible, adicada a defender a práctica da escalada no medio natural ante administracións e propietarios. Coautor da guía de escalada en Galicia Rocha Nai (2020).
Temos boas noticias! A zona de escalada de Sanxenxo, tamén coñecida como Punta Faxilda ou Placa Roxa xa está reequipada!!
Gracias ao traballo conxunto entre o club Aromon de Pontevedra, Concello de Sanxenxo e Federación Galega de Montañismo, xa podemos escalar neste pequeno sector da costa Pontevedresa xa que conta con novas ancoraxes de titanio de última xeneración no lugar dos perigosos parabolt e tensores químicos de Inox A2 situados na costa. Agora queda a colocación de carteis informativos por parte do concello e a finalización dos test de resistencia das antigas ancoraxes dos cales a FGM publicará os resultados para todo coñecemento de todo o colectivo.
Esta valiosa información complementará a información existente sobre os problemas de corrosión das ancoraxes en zonas costeiras de todo o estado e resto do mundo. Traballamos en pro da seguridade na montaña.
Boas escaladas!!
*Croquis cortesía de #RochaNai.



convenios
Co fin de garantizar estabilidade na xestión de permisos con propietaros e conservación da natureza así como o seguimento da calidade das ancoraxes e futuros reequipamentos das diferentes áreas de escalada de todo o territorio galego, requírense convenios de colaboración coa administración de forma global con todas as áreas de escalada posible, para poder actuar en cada sitio según as necesidades, Un dos campos a traballar neste sentido é intentar engadir progresivamente as áreas de escalada no Censo de Instalacións Deportivas Non Convencionais da Dirección Xeral de Deportes a través dos concellos.
invitación
En definitiva, os deportistas poderán disfrutar con altos niveis de seguridade no que a ubicación e calidade de ancoraxes se refire, sen esquecer que practican unha actividade deportiva de risco, ademáis de aportar seguridade xurídica ós equipadores/requipadores ante propietarios e administración.
Invitamos a todo aquel que crea neste proxecto a ser partícipe do mesmo!
Moitas grazas pola túa atención. Mais abaixo poderás acceder a máis información sobre esta vogalía.