Véxome na obliga de sair o paso dunha serie de inexactitudes e opinións divulgadas en redes sociais antes do inicio do Proceso Electoral, e tamén de puntualizar para a vosa información algúns temas relacionados con dito proceso que terá lugar este ano.
Nesta Federación Galega de Montañismo ó longo dos anos tanto o Presidente actual como os seus antecesores, sempre axustáronse escrupulosamente a normativa electoral emanada da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Quero aclarar, que o Proceso Electoral en todas as Federacións Galegas dará comenzo cando o Presidente correspondente o convoque, que é quen ten competencia para facelo.
Por suposto, e como sempre xa o sabedes a maioría, antes serán aprobados o Regulamento e o Calendario Electoral que estanse a elaborar cos prazos correspondentes, e que como se fixo sempre, cumprirán o dictado pola Xunta de Galicia, e terán que ser aprobados como é habitual pola Xunta Directiva da F.G.M. e a Asemblea Xeral da Federación Galega de Montañismo.
Os tempos e os prazos, nunca foron nin serán ocurrencias, nin os dictan as redes sociais, dependen das normativas e regulamentos correspondentes.
Adiantamos que os Censos Electorais serán tres cronolóxicamente Inicial , Provisional e o Definitivo, como vense facendo sempre. Determinados erros, omisións e incorporacións que poda haber sobre os Censos poden ser subsanados sen ningún problema como se fixo sempre.
Os diferentes Estamentos contan e contarán cos Censos correspondentes colgados como corresponde no apartado de Transparencia, nunha solapa denominada Procesos Electorais, onde nas Eleccións figura toda a documentación correspondente as mesmas, non e nada novo.
A modo de resumen cando se convoquen as Eleccións haberá un Regulamento e Calendario aprobado polos órganos de goberno da Federación e a Xunta de Galicia.
Sen outro particular, despídome cun cordial saúdo e unha forte aperta.
Adolfo Puch Domínguez
Presidente da Federación Galega de Montañismo