ACTIVIDADE DA FGM SEGUNDO DA ORDE DE 19 DE XANEIRO DOG 11-Bis

Comunicamos a todos e todas as deportistas federados da FGM que as condicións que se tiñan para adestrar e manter a actividade de montaña nas diferentes especialidades modifícanse dende as 00,00 horas de esta noite ata un novo comunicado da Xunta de Galicia.

As novas con condicións son as seguintes:

  • Aprázanse todas as competicións da FGM de todas as especialidades deportivas.
  • Aprázanse todos os cursos de formación deportiva da FGM.
  • Todos e todas aquelas deportistas que vivan nun municipio confinado, non se poderán desprazar fora del para os adestramentos.
  • A FGM non pode emitir certificados de mobilidade e quedan sen efecto os expedidos ata hoxe.
  • O adestramento terá que ser fundamentalmente individual, e en caso de ser grupal, o número máximo será de catro, excluindo ao adestrador – monitor.
  • É obrigatorio o cumprimento do toque de queda. Hai que rematar con antelación o adestramento para atoparse na casa segundo o toque de queda vixente.
  • Aqueles clubs que teñan salas de adestramento terán que cumprir a normativa: grupos máximos de catro, excluíndo o técnico, e sempre que non se supere o 50 % do aforo permitido.

A día de hoxe non temos data de cando se desactivaran as restriccións, supoñemos que estará en función da evolución da pandemia.

A todo o colectivo de federados vos pedimos paciencia e especialmente moita precaución para non verse afectado ou afectada pola infirmidade da COVID 19.

Vos animamos a manter programas de adestramento adaptados á nova situación, sendo conscentes de que esta situación remitirá e a nosa vida volvera a ser normal.

Enlace web para a Orde de 19 de xaneiro, DOG 11-Bis

https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/excepcional/2021/20210119/2542/Secciones1_gl.html

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.