Dende eiquí desexamos que estes días tan especiais polo que está a acontecer e estamos vivindo, sexan moi levadeiros a todos e todas, e sobre todo, non teñades ningún familiar, amigo ou compañeiro/a afectada pola enfirmidade. Moito ánimo e sobre todo moito coidado. Hai que seguer as recomendacións.

Como xa sabedes o os días de estado de alarma incrementaronse en quince días máis. Esto supón que temos que modificar e alterar de novo toda a programación deportiva prevista paro o mes de abril e deixala de momento aprazada. Evitar a dispersión do virus entre persoas é vital. Temos que facer unha fronte común que minimice a súa expansión entre a poboación.

A terceira proba da Copa Galega de Escalada de Base que celebraríase o 18 de abril na cidade de Vigo queda aprazada. Estudiarase a posibilidade de ubicación noutras datas, sempre atendendo as recomendacións de sanidade e Xunta de Galicia, e a súa encaixe no calendario que teremos por diante.

Aproveitamos para comunicarvos que o Consejo Superior de Deportes (CSD) enviounos un comunicado dicindo que todos os Campionatos de España en Idade Escolar quedan aprazados. Queda aberta a porta á posibilidade de reubicación noutras datas, pero imaxinamos que todo elo será sempre dependendo da evolución da pandemia.

Podédevos descargar o pdf do CSD neste enlace:RESOLUCIÓN SUSPENSIÓN CESA 2020 (3)

Moitos ánimos e forza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.