Presentamos o calendario de cursos da Egam previstos para o vindeiro ano 2019; ademáis desta relación de cursos abertos para todas as persoas federadas (e non federadas nos cursos de Nivel I agás alpinismo) que poden apuntarse de xeito particular, inclúense 4 propostas que poderán facerse a petición dos clubes.
ZVZV
No obstante, os clubes interesados na organización dalgún curso que figure no calendario para o seu propio club, poderán solicitarllo á Dirección da Egam, e realizarase en función de datas e técnicos dispoñibles.
No caso de os responsables dos clubes detecten algunha necesidade formativa para os seus asociados, poden facer chegar á Egam as súas propostas e tentaremos darlle resposta o antes posible.
Os formularios de inscrición dos cursos activaranse no facebook da Egam progresivamente, como mínimo un mes antes da realización de cada curso. Dita publicación incluirá toda a información relativa ao curso en cuestión.
No caso de que por cuestións loxísticas ou técnicas debidamente xustificadas haxa que modificar/anular a realización dun curso, comunicarase o antes posible no mesmo medio de publicación e aos propios participantes no caso de que xa estivera aberto o prazo de inscrición.
SGSDG
SGSDG