986 20 87 58

¡Chámanos!

VIGO

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209

SAIDA ALTO ATLAS MARROQUÍ 8-15 ABRIL 2017


Saída Alto Atlas Marroquí
do 8 ao 15 de abril de 2017

Os amantes do montañismo poderemos gozar desta intensa ascensión ata o cume do Djebel Toubkal no próximo mes de Abril. Un fermoso percorrido tendo como marco as impoñentes montañas do Alto Atlas. Pasaremos por pobos bérberes e gozaremos das belas paisaxes que ofrece esta rexión de Marrocos.
O Toubkal, con 4.167 m, é o cumio máis alto do norte de África e está situada no Alto Atlas, xunto a outros cumios de máis de catro mil metros como o Ras Ouanoukrim (4.083m) ou o Timesguida (4.089m).

Cumio do Jebel Toubkal ano 2014
Situado a tan só 70 km de Marrakech, a súa ascensión é unha das máis populares desta cordilleira, xa que conta co refuxio do Club Alpino Francés na súa base e normalmente non presenta grandes dificultades técnicas. Non obstante, é unha montaña a que non se lle debe menosprezar, xa que os desniveis son fortes, adoita ter bastante neve durante a tempada invernal e as ventiscas son frecuentes na parte final da ascensión.
Comezaremos en Imlil, un pequeno pobo bérber rodeado de montañas situado a 1.740m. no val do río Ait Mizane. Durante o traxecto poderemos gozar de bonitas paisaxes onde a grandiosidade da natureza nos sorprende a cada paso. Paredes de rocha e o son da auga sairán ao noso encontro a medida que ascendemos, animándonos a continuar ata chegar ao refuxio Netler, base para as nosas ascensións durante 3 días.
O broche de ouro será sen dúbida a inmellorable vista panorámica dende o cume do Djebel Toubkal. Divisaremos a planicie de Marrakech, o lago Ifni e as impresionantes montañas do Atlas.
ITINERARIO
Día 8: Tarifa – Tanger – Marrakech
A nosa cita será no porto de Tarifa as 10,00h. Cruzaremos o estreito no Ferry cara a Tanger. Teremos algún tempo libre para visitar a cidade, as 21,05 sairemos no tren (Liteiras) cara a Marrakech donde chegaremos as 08,30h do día seguinte.
Dia 9: Marrakech – Imlil (1740m.)
Chegada a Marrakech sobre as 08,30h e traslado terrestre ao pobo de Imlil. Seguiremos unha estreita estrada que nos levará a través dunha espectacular garganta ata Imlil, que é unha pequena aldea bérber onde pasaremos o resto do día.
Cea e aloxamento incluido.
Dia 10: Imlil – Refuxio Neltner
As 10,00h Colleremos á saída do pobo un camiño que ascende a través do val cara ás montañas. Tardaremos unhas 5 horas en total ata chegar ao refuxio do Toubkal, situado nun punto estratéxico a 3.207 m. As mulas transportarán todo o noso peso levando nós o imprescindible para o día. No caso de haber neve antes da chegada a o refuxio, teremos que portear nos mesmos a nosa mochila a partires da línea de neve.
Durante a cea os guías contaranos os detalles da ascensión e poderán contestar as nosas últimas dúbidas.
Cea e aloxamento incluido.
Día 11: Refuxio Neltner – Cumio Toubkal (4.167 m)
Erguerémonos sobre as 06,00h para almorzar e sobre as 07,00h. ¡Día de cume ao teito do Atlas! O camiño bordea a pa de ascenso. Ten unha pendente pronunciada durante os primeiros 200 metros, e logo suavízase. De 3.700 m a 3.850 m volve empinar ata chegar a un collado. A última parte da ascensión é a máis exposta ao vento pero tamén a que menos neve acumula no inverno. Continuaremos á nosa esquerda e seguimos por unha aresta ata o cume do DJebel Toubkal, que con 4.167 m é o teito do Atlas. Desde aquí gozaremos dunhas magníficas vistas do antiatlas ao sur e o macizo de Siroua, así como o val de Imlil. Despois dunhas 4 horas de ascensión para alcanzar o esperado cume, unha breve pausa para repoñer forzas e facer as fotos de rigor, iniciaremos o descenso dunhas 3 horas ata o refuxio.
Almorzo, cea e aloxamento incluido.
Día 12: Refuxio Neltner – Cumios Ras Ouanoukrim e Timesguida
Erguerémonos sobre as 06,00h para almorzar e sobre as 07,00h. comezaremos a ascensión. O primeiro tramo de subida levaranos ata o Tizi n´Ouagane e dende alí realizaremos as ascensións previstas ao Ras Ouanoukrim (4.083m) e o Timesguida (4.089m). Dende estes cumios poderemos observar o DJebel Toubkal que ascendemos o día anterior. Pausa para repoñer forzas, facer as fotos de rigor, e iniciamos o descenso ata o refuxio.
Almorzo, cea e aloxamento incluido.
Día 13: Refuxio Neltner – Cumio do Tadat – Imlil – Marrakech
Erguerémonos sobre as 06,00h para almorzar e sobre as 07,00h comezaremos a ascensión. Moi cerca do refuxio está a subida que nos levará ata o cumio do Tadat (3.850m) despois dunha ascensión por unha canal moi empinada. Pausa para repoñer forzas e facer as fotos de rigor, para iniciar o descenso ata o refuxio. Recolleremos inmediatamente os nosos bultos para cargalos nas mulas e baixar cara Imlil. Traslado terrestre dende Imlil a Marrakech donde pasaremos a noite.
Tempo libre para visitar a praza Djemma el Fna e coñecer a cidade de noite
Almorzo e aloxamento incluido.
Día 14: Marrakech – Tanger
Almorzo e Tempo libre en Marrakech para percorrer as canellas e o zoco. Saida cara a Tanger as 21,00h. en tren (Liteiras)
Aloxamento incluido.
Día 15: Tanger – Tarifa.
Chegada a Tanger as 07,25h., cruzaremos o Estreito no Ferry e fin da viaxe.
A Federación Galega de Montañismo reservase o dereito a modificar calquera dos puntos do itinerario sin previo aviso por causas meteorolóxicas, seguridade ou causas de forza maior.

PREZO POR PERSOA 390,00€ con tarxeta federativa FGM – FEDME 2017

————————————————————————————-
ALOXAMENTO Imlil: Riad (sen determinar)
Toubkal: Refuxio Neltner C.A.F
Marrakech: Riad (sen determinar)
————————————————————————————-
INCLÚE
Traslados dende Algeciras a Tanger en Ferry, e dende Tanger a Marrakech en Tren (Liteiras), e regreso. Traslados privados de Marrakech a Imlil e regreso Aloxamento e almorzo en Riad en Marrakech e imlil Aloxamento en Refuxio CAF durante a ascensión Media Pensión no Refuxio CAF Mulas para o porteo de carga (subida e baixada) Muleiros e cociñeiro
————————————————————————————-
NON INCLÚE
Traslados ata Tarifa e volta, cada un debe xestionar o seu traslado.
(A Federación Galega de Montañismo, en función do número de persoas inscritas podería ofrecer un medio de transporte ate Tarifa e volta)
Equipo persoal de montaña. Comidas de ataque.
Bebidas fora das incluidas nas manutencións descritas.
Comidas, ceas e almorzos fora dos descritos no itinerario
Calquera cousa que non estea especificada no apartado INCLÚE.
————————————————————————————-
INSCRIPCION E FORMA DE PAGAMENTO
A inscrición realizarase enchendo o formulario que se pode conseguir na Web da FGM. http://www.fgmontanismo.es/descargas/FICHAINSCRICIONACTIVIDADESFGM.pdf E remitindo este vía e-mail a info@fgmontanismo.es
O prezo da inscrición será de 390,00€ que se fará efectivo no momento en que lle sea confirmada.
O xustificante da transferencia a favor de:
FEDERACION GALEGA DE MONTAÑISMO
Novagalicia Banco IBAN ES20 2080 5104 8630 4001 6923
facendo constar o nome e apelidos do participante, deberase enviar vía e-mail a info@fgmontanismo.es
A inscrición será por riguroso orden de entrada das solicitudes ata cubrir o número de prazas dispoñibles.

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content