áreas verticais de actividade deportiva

A función da vogalía de AVAD (Áreas Verticais de Actividade Deportiva), é a atención as instalacións deportivas no medio natural en Galicia tales como zonas de escalada, barrancos ou vías Ferrata. Principalmente a coordinación e xestión dos accesos e o mantemento dos espazos naturais para a práctica da escalada dentro de Galicia. Os obxetivos básicos son, por un lado proporcionar lexitimidade legal tanto a práctica da escalada en novas aperturas ou reequipamentos nas zonas de escalada, e por outro lado manter uns parámetros de seguridade axeitados, mediante verificacións de resistencia e reequipamentos nos casos que se precise, primando o consenso entre @s escalador@s e equipador@s locais.

Para que este traballo sexa viable, tanto económica como éticamente, é imprescindible a colaboración dos distintos axentes implicados: Federación Galega de montañismo, equipador@res, escalador@s clubes de montaña, outras asociacións, Xunta de Galicia, Diputacións, Concellos, compañías de seguros…

Traballos da Vogalía de AVAD:

– Participación en tódolos procesos de participación pública da administración nas actividades propias da FGM.

– Colaboración con outras administración e entidades de fora de Galicia para defender os intereses das nosas especialidades deportivas.

– Promoción de convenios de cesión de uso entre propietarios e concellos nos espazos onde se practican as nosas actividades.

– Asesoramento e apoio institucional a clubs e resto de entidades para a creación ou restauración de calqueira AVAD.

– Promover ante os concellos a incorporación das AVAD existentes nos seus territorios  nos censos de instalacións deportivas da Xunta de Galicia.

– Mediación en posibles conflictos en AVAD entre diferentes colectivos de equipadores ou institucións.

– Promoción e divulgación de boas costumes no uso das AVAD.

FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO

Rúa Fotógrafo Ksado, 17
Oficina 10
36209 Vigo

T. 986 208 758
secretaria@fedgalmon.gal

Urxencias: 626 975 990

 

HORARIO

Luns a venres: 08:00 a 15:00 h.
Os martes e mércores ademáis: 16:00 a 19:00 h.

Agosto: Cerrado

ATENCIÓN TELEFÓNICA

Luns a venres: 10.00 a 14.00 h. e martes e mércores 16:00 a 19.00 h.