Imaxe das dúas campioas recollendo o trofeo. Foto Rally Escalada

O XX Rally de escalada 12h Penedo de Ifach foi a cuarta e última proba da Liga de Rallyes 12h de Escalada 2024, celebrada o 26 de outubro, nunha xornada «máxica», na que as 30 cordadas participantes sumaron centos de metros no Penedo.

Tras unha noite de intensas choivas en Calpe, nada facía presaxiar aos escaladores que a xornada sería unha das máis máxicas que se lembran, cun ceo do todo fotogénico que proporcionou luz e temperatura cálida e agradable. O vento tamén axudou a que a parede estivese seca desde os primeiros compases da mañá. Os organizadores decidiron facer unha proba de 10 horas para mellorar a seguridade das 30 cordadas participantes.

As gañadoras por categorías da proba de resistencia e regularidade Feminina foron as galegas Iris Gutiérrez e Luisa Méndez con 2.250m. Tras unhas primeiras posicións conseguidas nas probas da Cabrera e o Chorro, e un segundo posto en Riglos e o Penedo de Ifach, levaron ás escaladoras galegas o máis alto da clasificatoria.

O noso parabén á Asociación de Escaladores Ourensáns (ASESOU) e en especial ás súas dúas escaladoras por este logro tan importante!!


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade