AS NOSAS E OS NOSOS ESCALADORES ESTÁN COMPITINDO EN PAMPLONA

Comezou o Campionato de España de Escalada 2019  na sala Rocópolis de Berrioplano (Navarra) e nós temos representación nel. Eiqui temos as primeiras reflexións do noso director do programa de tecnificación de escalada José Juan.

Neste intre unha selección de deportistas pertencentes ao Programa de Tecnificación de Escalada da FGM se atopan en Navarra disputando o Campionato de España de Escalada 2019. Nel se atopan representadas as 3 especialidades de escalada, dificultade, bloque e velocidade e por primeira vez todas as categorías xuvenís incluíndo a Sub-14, xunto coa categoría absoluta.

Pola nosa banda cabe dicir que temos representación tanto masculina como feminina en todas as categorías, e somos conscientes do gran nivel existente nun Campionato Estatal, con representación de cerca de 15 Comunidades Autónomas e máis de 200 participantes en total. Polo tanto, poder acadar algún posto nas finais será sen dúbida un bó obxectivo.

Lembraros que estes últimos anos levamos traballando dende a FGM coas novas xeracións e por vez primeira logramos ter representatividade no circuito estatal de competicións. Así pois, compre redobrar esforzos e seguir nesta liña…

Xa para rematar, adiantarvos que tras o primeiro día de participación nas modalidades de Dificultade e Bloque, os nosos deportistas acadaron 3 postos en semifinais e 4 postos respectivamente…isto non fixo mais que arrancar!

Algunhas imaxes dos momentos do campionato

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.