A Federación Galega de Montañismo anima os seus federados a apoiar a candidatura galega nos Premios FEDME 2026.

O sendeirismo galego está de noraboa. O PR-G 268 As Olas do Río Mao, en Ourense, é un dos tres finalistas que optan ao galardón Mellor Sendeiro Homologado de España 2026, convocado pola Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).

Situado no corazón da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés, este sendeiro destaca pola súa extraordinaria riqueza natural, a súa biodiversidade e o seu patrimonio histórico. O percorrido permite descubrir un territorio de gran valor ambiental, con numerosas especies de aves, presenza de fauna emblemática como o lobo ibérico e unha flora de especial interese. A súa conexión co patrimonio romano da Vía Nova engade, ademais, un importante valor cultural a unha ruta que une Galicia e Portugal.

A candidatura galega comparte esta distinción con La Concha – Pico Llen, en Cantabria, e Ruta Peñas Blancas – La Zarza, en Extremadura.

Un voto para o sendeirismo galego

Desde a Federación Galega de Montañismo queremos animar os nosos federados e federadas a participar nesta votación e apoiar o PR-G 268 As Olas do Río Mao.

É unha oportunidade para recoñecer o valor dos nosos sendeiros, dar visibilidade ao patrimonio natural e cultural de Galicia e contribuír á promoción dun sendeirismo responsable e de calidade.

A votación é pública, anónima e permite un voto por persoa.

📅 Prazo para votar: ata o 31 de outubro de 2026.

👉 Vota por As Olas do Río Mao:

Esta é a ligazón para acceder á votación.

Apoia o sendeirismo galego. Cada voto conta!


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade