ATENCIÓN COAS ANCORAXES DE ZONAS COSTEIRAS DO SUR DE GALICIA

Aviso dende a Vogalía de Mantemento de Zonas de Escalada

Atención Escaladores!!
Dende a vogalía de mantemento de zonas de escalada da Federación Galega de Montañismo, queremos facer unha advertencia do perigo actual que supón escalar en determinadas zonas de escalada da costa de Pontevedra. Xa por moitos escaladores é coñecida a posibilidade de rotura súbita das ancoraxes de aceiro Inox instalados a carón das zonas costeiras, tanto de Galicia como no resto do
mundo.
Esta posibilidade de rotura repentina por cargas moi baixas (peso corporal, sen necesidade de caída) dase fundamentalmente nas ancoraxes tipo Parabolt Inox A2 (AISI304), ainda que é un problema común en maior ou menor medida de tódolos aceiros Inox. Tal como se manifestou na costa da Coruña hai uns anos, produxéronse roturas deste tipo en ancoraxes instalados con menos de 5 anos de antigüedade. O gran problema é que se fai imposible valorar axeitadamente cunha revisión visual, a corrosión real e o nivel de fiabilidade dos ancoraxes sen unha proba de esforzo axeitada.
Por este motivo recomendamos encarecidamente non escalar nos sectores de escalada na costa con ancoraxes de tipo parabolt Inox A2, os cales xa levan alomenos 8 anos instalados, e ainda que polo momento non se produxo ningún accidente, o risco é evidente.
En tanto non se tomen as medidas oportunas, (reequipamento ou revisión mecánica das ancoraxes), as primeiras chapas levarán
unha brida vermella e/ou un cartel indicativo para indicar o perigo.
Concretamente os sectores afectados son os seguintes:
Monteferro (Y porque no, El Puerto escondido, Estelas de arriba) *o resto de sectores tamén poden ter alguna línea illada con parabolt Inox A2.
Sanxenxo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.