Desexamos informarvos da III Proba da Copa Xunta de Galicia de Marcha Nórdica da Federación Galega de Montañismo e Open de Marcha Nórdica O Pereiro de Aguiar, que terá lugar o 11 de xuño de 2023.
- LUGAR: Monte da Chaira. Pereiro de Aguiar
- DATA: 11/06/2023
- INSCRICIÓNS: ata o 8/6/23 ás 14 horas. Faranse por medio do seguinte FORMULARIO (CLICKA AQUÍ)
- ORGANIZA: Vogalía de Marcha Nórdica Asesou
- COLABORAN: Concello de Pereiro de Aguiar e da Federación Galega de Montañismo
LÍMITE DE PARTICIPANTES: 150 PERSOAS: A organización reservarase o dereito de cambiar o número de participantes se fose necesario. Se se dá o caso respectarase a orde de inscrición.
LUGAR DE SAÍDA E CHEGADA: Pavillón de Pereiro de Aguiar 42.339278, – 7.787174
MÉTODO DE PAGO: Todas as persoas participantes teñen que pagar primeiro o open/copa para logo poder achegar o comprobante de pago no formulario antedito de inscrición.
Número de conta: IBAN: ES62 2100 2182 0702 0044 2368
Beneficiario: Escola marcha nórdica ASESOU
Concepto: Inscrición Copa Nome completo: 15€ federados, ou
Concepto: Inscrición Open nome completo: 12€ federados ou 17€ non federados
A TER EN CONTA:
- Facer a inscrición implica que todas as persoas participantes asumen os riscos da práctica de marcha nórdica nunha proba deportiva.
- A organización, fará un seguro de día da Federación Galega de Montañismo para os/as deportistas que non posúan a licenza federativa e ten un seguro de responsabilidade civil, co cal estárá exenta de indemnizar polos danos que poidan sufrir os/as participantes no desenvolvemento do open como de calqueira prexuízo da saúde derivado polo esforzo físico que se poida facer durante a proba. Achegar no formulario licencia federativa.
- Os participantes autorizan aos servizos médicos a facer todo o necesario para manter a saúde, evitar lesións ou agravamento por algunha que se poida producir ou polo esforzo físico.
- A organización non é responsable da desaparición de obxectos persoais, así como deterioración dos mesmos u o seu posible roubo ou extravío.
DESENVOLVEMENTO DO OPEN E COPA
Desenvolverase un open e unha copa de marcha nórdica nun circuíto polo roteiro polo Monte da Chaira, ao cal se dan varias voltas. Para o open (dúas voltas) son case 8 quilómetros e para a copa (catro voltas) case 13 km, transcorre.
- A saída e a chegada ao Pavillón de Pereiro de Aguiar.
Láura Lado
O sábado 20 de maio, celebrouse a VIII Andaina Terras de Altamira con récord de participantes, organizada pola Asociación O Esquio no Piñeiro e o concello de Brión.
Na Carballeira de Santa Minia, ás 09:00 horas, o actor e humorista Federico Pérez realizaba a conta atrás para dar saída aos 637 inscritos nas tres distancias de 16kms, 36 kms e 50 kms.
As tres modalidades están incluídas na liga Ibérica de Sendeirismo e na Liga Xunta Galicia de Sendeirismo
Nesta ocasión a andaina de 50 kms bordeaba as Torres de Altamira, pero contaba no quilómetro 19 coas espectaculares vistas do alto de Santa Cecía no monte Rubial, desde o cal se pode ver a ría de Arousa. No quilómetro 33 poidemos gozar do Castro Lupario que é un xacemento declarado Ben de Interese Cultural en Decembro 2009.
Unha vez cruzado o arco de meta entregábanse os diplomas de finalista e unha medalla para cada distancia. Asi mesmo, comida e bebida para todos.
Un gran traballo realizado polos membros da Asociación O Esquio no Piñerio, por autoridades do concello de Brión e por todos os voluntarios e voluntarias
Vémonos na 9ª Andaina Terras de Altamira
Excelentes os resultados acadados polos escaladores e escaladoras dos clubs galegos na segunda xornada da Copa de España de Bloque e Velocidade (Cuenca, 20 e 21 de maio), organizada pola FEDME, indicados na imaxe do cadro.
Nada menos que quince finalistas na velocidade (oito mulleres e sete homes). Entre eles, conseguiron tres ouros (Iván, Xian e Nora) e dúas pratas (Hadrián e Javier León). Lembramos que onte tamén obtivo a posición de finalista (7ª) Natalia Vale en bloque. Hoxe tamén se disputou a proba pendente de bloque para a categoría absoluta, cun representante do Club Pena Trevinca – Montañeiros de Galicia, Santiago Franco (18º) e outro do Club Aromón Pontevedra Montañeiros a Roelo, Xavier Carballo (25º).
Con estes resultados, poco a pouco vaise afianzando en Galicia estas disciplinas olímpicas e que permiten albiscar un expléndido futuro destas especialidades, sempre que as administracións públicas con competencias en materia deportiva poñan en valor aos deportes de montaña.
As felicitacións da FGM a todos os deportistas, aos seus adestradores e aos seus clubs polo eficaz traballo que veñen realizando, pero tamén ás familias polo esforzo que fan.