986 20 87 58

¡Chámanos!

VIGO

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209

Aviso importante Coronavirus

Estimados Presidentes e Secretarios dos Clubes:

Como consecuencia da crise do Coronavirus,  onte mantivemos un encontro na Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, de todas as  Federacións Deportivas Galegas coas Autoridades Deportivas.

Esta Federación Galega de Montañismo, co fin de actuar con responsabilidade e salvaguardar a saúde dos nosos federados, xuntas directivas das entidades galegas federadas, Directivos da Federación, Técnicos, Árbitros, etc.,  tomou con carácter de urxencia as seguintes decisións,  na liña das que empezan a tomar os nosos compañeiros das outras Federacións de Galicia:

1º Polo tanto, en función da evolución cambiante dos acontecimentos, quedan suspendidas todas as Actividades Federativas como mínimo ata o próximo día 31 de marzo de 2020, en función da evolución da Pandemia se prorrogaría este prazo de suspensión ata o mes de Abril, ou se anularía.

2º As actividades afectadas, serían reprogramadas para novas datas unha vez pasada a crise sanitaria, polo tanto, trátase en principio única e exclusivamente dun retraso na realización das mesmas.

3º Manteremos informados aos Clubes da evolución dos acontecementos.

4º Recomendamos as Entidades de Montaña Federadas de Galicia, que adopten decisións de prudencia e eviten actos e actividades que podan representar posibles transmisións do virus.

Para todos nos trátase dunha situación incómoda, pero as ingratas decisións que tomamos poden contribuir de maneira decisiva a erradicación definitiva da citada Pandemia.

Sen outro particular, despídome cun cordial saúdo e unha forte aperta.

 

O PRESIDENTE DA FGM ADOLFO PUCH

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content