AVISO Importante

Debido á crisis sanitaria causada pola pandemia do COVID-19 e ao Estado de Alarma decretado o 14 de marzo, suspendéronse todas as actividades federativas ata novo aviso, o que incluía, como non podía ser doutro xeito, os cursos da EGAM.

Tendo en conta a situación actual de incertidume e de cambios (en función da evolución da pandemia) e baseándonos no principio de precaución que garanta a seguridade sanoitaria de todo o colectivo montañeiro, comunicámosvos as seguintes decisións:

  • Quedan suspendidas as actividades formativas de maio e xuño de 2020.
  • A realización das actividades programadas para o mes de xullo estarán supeditada á evolución das circunstancias actuais e á posibilidade de adecuación ás medidas de prevención de cada curso, salvo ás actividades infantiles, que quedan definitivamente suspendidas para o que queda de tempada.
  • Valorarase a posibilidade de aplazamento de aqueles cursos que sexan susceptibles de adaptación ás medidas de prevención e seguridade recomendadas, sempre que a situación evolucione favorablemente e as órdenes dos organos competentes as autoricen. O calendario de cursos irase renovando e publicando nos medios de comunicación habituais (web e facebook) coa maior antelación que sexa posible

Moito ánimo para todxs e saúde!

Pedímosvos comprensión coas decisións tomadas, que só pretenden ser coherentes coa situación sobrevenida e se tomaron pensando na seguridade de todo o colectivo.

Katya Sanz Ochoa
Directora da EGAM