Campamento Infantil de Deportes de Montaña 11 a 14 anos | Monte Aloia – Galiñeiro – Melón | 17, 18 e 19 de xullo

Cursos, Destacado, Xornadas

A Federación Galega de Montañismo (FGM) a través da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM), co obxectivo e ilusión de seguir formando aos nosos rapaces e rapazas no eido da montaña, desenvolveremos un campamento estival continuando o traballo comezado fai anos con nenos e nenas galegos, retomando as actividades formativas técnicas destinadas á mocidade.

DATAS DO CAMPAMENTO: 17, 18 e 19 de xullo 2026

LUGAR: Monte Aloia (Tui), Serra do Galiñeiro (Gondomar) e Melón (provincia de Ourense).

PRAZAS DISPOÑIBLES: 16, cubríndose por estrita orde de inscrición.

PREZO:  145€   Inclúe:

  • Técnicos especialistas na materia
  • Transporte as actividades
  • 2 almorzos, 2 xantares e 2 ceas.
  • Aloxamento no refuxio
  • Material técnico específico de orientación, escalada e barranquismo

RATIO: 1 técnico/a por cada 8 participantes (máis técnico/a especialista)

DESTINADO A: nenos e nenas federados/as que queiran iniciarse na realización de actividades técnicas de montaña, e que saiban nadar elementalmente.

OBXECTIVOS: Que os rapaces/zas coñezan, practiquen e adquiren destrezas nas diferentes actividades técnicas de montaña (Orientación, montañismo, escalada e barrancos), que aprendan as técnicas básicas que lles axuden a desenvolverse no medio natural coa maior autonomía e seguridade posible, que aprendan a respectar o medio onde se desenvolven estas actividades, e que se divirtan e compartan as súas experiencias con outros rapaces da súa idade e coas mesmas inquedanzas.

BUSCA EN

Próximos eventos

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade