O pasado 3 de marzo tivo lugar un gran acontecemento no mundo do montañismo. Desenrolouse por primera vez en España na contorna de Fuente Dé en Cantabria o “Campeonato do Mundo de Raquetas de Neve”organizado por Picos Xtreme co respaldo Federación Internacional de Raquetas de Nieve (WSSF) e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).
O percorrido foron uns fermosos 9km onde cometían as categorías masculina e feminina coas subcategorías junior, senior e veteranos.
A socia do clube Xesteiras Manuela Torres afincionada o trail de montaña acadou a meritoria MEDALLA DE BRONCE na categoría Veterana Absoluta. Contános dun xeito anecdótico que presentouse en Fuente Dé para adestrar as futuras compes de trail e que nunca correra con raquetas pola neve; sendo esta a súa primera toma de contacto.
¡¡Dende a FGM queremos darlle a noraboa a Manuela Torres por acadar esa meritoria posición no pódium do Campeonato do mundo de raquetas de neve 2018!!
Fonte: Picos Xtreme e David S. Bustamante Fotografía