Campionato Boulder

O vindeiro 13 de Xuño a escalada para categorias de base volve ao rocódromo de Manzaneda, anímate!

O próximo 13 de xuño, a Estación de Montaña de Manzaneda converterase no escenario dun Campionato de Boulder para as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete federadas galegas.

Unha xornada de escalada, nervios, amizade e moito espectáculo nun entorno brutal, onde as promesas de escalada darán o máximo sobre os bloques.

A actividade está organizada na Estación de Manzaneda pola Asociación de Escaladores Ourensáns (ASESOU) coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Concello de Trives, Concello de Manzaneda e Federación Galega de Montañismo.

Qué ganas xa de vivir o ambientazo! Vémonos en Manzaneda!


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade