TRENCACIMS 2024
O fin de semana do 3 ó 5 de maio un total de 20 corredor@s galeg@s desprazaríanse ata Paüls (Tarragona) a representar a irmandiña.

O sábado daba comezo da competición dos mais pequenos (xuvenil e júnior), competindo nos xuvenís (Eloy Martinez, Sergio Bouza, Roi Mourón, Julia Salvado e Alba Buján), onde recorrerían unha distancia de 13,5 km cun desnivel de 950+. Todos eles realizaron unha carreira exemplar, onde debemos destacar o 3º posto no Campionato de España do noso corredor Eloy Martinez Faro, o cal unha sanción de 10 minutos, sin fundamento, non lle permitiu subir ó podio da carreira. Para nós é un claro vencedor e meritorio 3º posto.

Xa na categoría júnior tiñamos dous corredores que por lesión non puideron acudir ó campionato de España.

O domingo daba comezo da carreira absoluta , na cal recorrerían un total de 34 km con un desnivel de 2400+. Na carreira representábannos 5 absolutos (Marcos Naya, Miguel Vázquez, David Álvarez, Iago Abeledo e Ruben Insua) e 6 absolutas (Rosa Araujo, Bea Barroso, Patricia Noya, Tamara García, Alba Rey e María Martinez). Que a pesar de todas as adversidades, todos foron capaces de chegar a liña de meta, loitando polo gran equipo que formaron.

Posicións acadadas:

Absoluta Masculina Absoluta Feminina
50 Marcos NAYA  03:50:40 66 Ruben INSUA 03:57:45 71 David ÁLVAREZ  04:01:11 88 Miguel VAZQUEZ 04:13:24 108 Yago ABELEDO 04:44:16   47 María MARTÍNEZ 04:52:39 53 Patricia NOYA 04:55:01 60 Beatriz BARROSO 05:01:57 74 Rosa Maria ARAUJO 05:16:54 78 Alba REY PENELAS 05:21:35 84 Tamara GARCIA 05:31:54

Tamén o domingo competía Hugo García, un dos promesas galegos que lle espera un gran futuro no mundo das carreiras por montaña. Por mor de un esguince non puido pelexar ata o final, tendo que abandonar.

Dende a Federación Galega de Montañismo agradecemos todo o esforzo que tiveron que realizar cada un/a. Xa que a viaxe non puido ser tan fácil como nos gustaría, pero que a pesar de iso loitaron ata o final e sabemos que deron todo o que puideron.

Grazas


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade