O 10 de maio de 2024 daba comezo o Campionato de España de Carreiras por Montaña Idade Escolar en Foz de Morcín (Asturias). Ó longo de todo o fin de semana 14 nenos e nenas galegos representaron a irmandiña.
Foi un fin de semana de gran intensidade deportiva para as categorías cadete e Infantil organizado pola Federación de Montaña do Principiado de Asturias (FEMPA) e a Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).
Un total de 130 corredores repartidos en oito seleccións autonómicas e once comunidades puideron loitar por ser Campións e campioas de España en Idade Escolar nas modalidades individuais de quilómetro vertical e en liña.
O campionato dou comezo o sábado pola mañá coa proba vertical onde nosos infantís (Alma P, Alma C, Micaela, Lois, Xoan e Nico) recorrerían unha distancia de 1,87 quilómetros e un desnivel positivo de 291m e @s cadetes (Ángela, Sabela, Eva, Carla, Catuxa, Hugo, Lucas e Alex) recorrerían unha distancia de 2,53 quilómetros con un desnivel positivo de 481 metros. Tod@s realizaron unha carreira exemplar, debendo destacar a sétima posición da infantil Alma Pereira.
Xa o domingo os rapaces e rapazas se afrontarían á carreira en liña, onde @s infantís recorrerían unha distancia de 5,24 quilómetros e un desnivel positivo de 225 metros e @s cadetes 9,14 quilómetros con 423 positivos. Volvemos a destacar a posición de Alma P, xa que volveu a colocarse na sétima posición, logrando un top ten no Campionato de España de Idade Escolar. Nesta carreira tamén debemos resaltar a valentía de Carla, xa que a pesar de ter un mal día, loitou ata o final.
Dende a FGM dámoslle as gracias a tod@s @s nen@s pola implicación, polas gañas e pola ilusión aportada, ademais do bo comportamento que mostraron durante toda a fin de semana. Tamén agradecer a gran labor dos pais que se implicaron ó 100% e sen eles isto sería imposible.