Campionato de España de Escalada de Seleccions Autonómicas en Idade Escolar

O programa de Tecnificación de escalada continua a sua andadura e nesta semana se enfrenta a unha das citas máis importantes do calendario anual, o Campionato de España de Escalada de Seleccions Autonómicas en Idade Escolar.

O próximo xoves partiremos cara a Plasencia (Cáceres) con 9 deportistas seleccionados para representarnos en dúas categorías, cadete e infantil.

Agradecer dende aquí por un lado a todos os que colaboraron co Programa de Tecnificación neste 2019, facilitando o acceso as súas instalacións para os adestramentos dos deportistas durante os últimos meses:

Grupo de Montaña Alud – Vigo

Club Asesou – Asociación de Escaladores Ourensáns. – Ourense

Sala de Escalada – Indoor Wall en Santiago de Compostela.

Comentar que trataremos de continuar na busqueda de colaboracions con diferentes clubs co fin de beneficiar aos nosos deportistas no disfrute de diferentes espazos de adestramento.

A todos eles, en especial aos presentes, grazas por colaborar no futuro da escalada galega.

Por último, agradecer como non ao noso patrocinador Taladrando.com polo seu apoio incondicional ao longo dos últimos anos facilitándonos equipacións.

Esta fin de semana os rapaces e rapazas amosarán a súa ilusión e compromiso coa escalada no campionato onde compatiran esforzos cos técnicos que os acompañan e asesorarán, José Juan Domínguez y Fini Maestu.

O equipo mostra moita ilusión e gran motivacion e a buen seguro a nosa participación valerá moito a pena.

Ánimo equipo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

FGM 2019