O fin de semana do 23 ao 25 de maio celebrábase en El Papiol, Barcelona o Campionato de España de carreiras por montaña de SS. AA, en idade escolar, tendo que competir as categorías infantil e cadete.

Dita proba constaba de unha carreira de Km Vertical o sábado e outra en liña o domingo, cunhas distancias de 3,3km con 407+ e 8,1km con 430+ respectivamente para os cadetes que eran os encargados neste caso de representar a Selección Galega.

O equipo da FGM ía integrado por Lucía Taboada, Alma Pereira e Xulia Vidal na sección feminina e Diego Ferreira, Nico Lorenzo, Álvaro Soto e Xavier Valencia no masculino. Todas e todos grandes deportistas que xogaron un gran papel coa camisola da Selección.

Ademáis do meramente competitivo tamén houbo momentos para convivencia entre seleccións, eventos culturais e demais actividades que plantexou a organización con moi bo acerto.

Respecto a resultados, acadamos postos sempre de metade da táboa cara arriba, resaltando varios top15, pero dende a FGM temos claro que estas oportunidades competitivas van máis aló dos resultados e que o importante é a formación das e dos nosos deportistas primando sempre o seu benestar e aprendizaxe, así como as vivenzas persoais que poidan levar.

Só queda agradecer a deportistas, pais e nais que os axudan e apoian, clubs que están facendo unha grande labor de adestramento e formación e neste caso a organización da competición que o fixo excelentemente, así como a FEDME por apoiar o evento e as categorías de base.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade