O sábado 16 de novembro, no recinto de Expourense, celebrarase o Campionato Galego de Escalada de Bloque 2019.

As inscricións ao campionato xa están abertas e nas liñas que seguen amosamos as bases para poder participar nel.

NORMATIVA DO CAMPIONATO GALEGO DE ESCALADA DE BLOQUE 2019

XENERALIDADES

  • O “Campionato Galego de Escalada de Bloque” está composto por unha única proba.
  • Durante a proba aplicarase o regulamento de escalada da FGM que é o mesmo que aplica a FEDME para o ano 2019.
  • As categorías por xénero
    • Senior
    • Sub – 18, todos aqueles e aquelas que cumpran os 16 ou 17 durante o 2019.
    • Sub – 16, todos aqueles e aquelas que teñan os 12 anos cumpridos o día da competición e que como máximo cumpran os 15 anos durante o 2019.
  • Do resultado da competición sairán os campións e campioas de Galicia en Escalada de Bloque por categoría e xénero.
  • O campionato desenvolverase na sede de Expourense o 16 de novembro.

INSCRICIÓNS  

  • As inscricións realizaranse na páxina web da FGM na área de competición onde estará activado o formulario de inscrición.
  • O prazo de inscrición rematará o luns día 11 de novembro as 14 horas, ou ben, esté cheo o cupo de competidores ou competidoras por categoría.
  • Todos os participantes inscribiranse representando un club.
  • É obrigatorio ter a licencia deportiva do ano en curso no que se celebra o campionato coa cobertura na área de escalada. A licencia pode ser autonómica FGM ou nacional FEDME.

A COMPETICIÓN – ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS

  • Rexirase polo regulamento aprobado pola FGM para as competicións de Escalada, que é equivalente ao regulamento da FEDME para as competicións de escalada.
  • Os participantes enfrontaranse a:
    • Rolda clasificatoria, formato “a americana – redpoint”, composta por seis bloques, todos os participantes.
    • Rolda final, formato de rotación “a vista”, composta por catro bloques, seis finalistas.

PROGRAMA PROVISIONAL

  • Mañá do sábado 16 de novembro
    • Control de licencias e entrega de dorsais
    • Clasificatorias
  • Tarde do sábado 16 de novembro
    • Roldas finais
    • Entrega de premios

Nota: o programa detallado cos horarios, publicarase na páxina web o 12 de novembro.

Incluímos o pdf de consentimento de participación para os menor de idade.

Consentimento_Menores

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.