CAMPIONATO GALEGO DE DIFICULTADE 2019 – LUGO

Desenvolveuse o Campionato Galego de Dificultade sobre o novo rocódromo do Pazo de Feiras de Lugo o sábado 19 de outubro. A participación foi salientable cun total de 32 escaladores agrupados en 14 escaladoras e 18 escaladores. As escaladoras e escaladores viñeron dende nove clubs das provincias galegas, Montañeiros Celtas, ASESOU, Club Montaña Coruña, AMI, Peña Trevinca, Alud, Alpino Ourensan, AROMON e Indoor Club de Escalada. Houbo presenza de escaladores e escaladoras vidos doutras comunidades, Asturias, Castilla y León e da Federación Sueca de Montañismo.

As vías da competición foron montadas por Patxi Arocena, equipador internacional, e presente grazas á colaboración coa empresa xestora do rocódromo Seven Fun e Climbing Planet . Tres vías de clasificación e dúas finais. Todas elas atravesando desplomes considerables poñendo a proba a forza resistencia de todas e todos os escaladores.

O resultado do Campionato foi seguinte:

Podio Masculino

  1. Adrián Álvarez Varela (Indoor Club de Escalada)
  2. Alberto Rodríguez Costta (Montañeiros Celtas)
  3. Miguel Feijoo Fernández (ASESOU)

Podio Feminino

  1. Araceli Vale Fernández (Peña Trevinca)
  2. Piluca Vázquez Fariña (ASESOU)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.